Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Oroso

Luís Rey será o novo alcalde de Oroso

Luís rey será o novo alcalde de Oroso despois de que a asemblea da agrupación socialista o elixira na tarde de onte nunha reunión en Sigüeiro.
LuisRey01

Table of Contents

Toggle
  • Oroso, 5 de maio do 2021 – Luís rey será o novo alcalde de Oroso despois de que a asemblea da agrupación socialista o elixira na tarde de onte nunha reunión en Sigüeiro.
    • Apoio do alcalde saínte
    • Elección

Oroso, 5 de maio do 2021 – Luís rey será o novo alcalde de Oroso despois de que a asemblea da agrupación socialista o elixira na tarde de onte nunha reunión en Sigüeiro.

Luís Rey foi a única candidatura presentada ante a agrupación polo que a súa elección non precisou de votación. Sustituirá no cargo a Manuel Mirás que renunciará como alcalde de Oroso o vindeiro día dez.

O candidato electo agradeceu a confianza da Asemblea, porque “imos precisar da vosa axuda e da colaboración de todos e todas neste proxecto. Non veño a substituír a Manolo, non son iluso. Veño coa intención de seguir cun proxecto que iniciamos anos atrás e que levaremos adiante para que os veciños e as veciñas sintan orgullo deste pobo”.

Un emocionado Luís Rey dixo que “hoxe é un día de sentimentos encontrados. Por unha banda, a honra de suceder a un alcalde referente en Galicia, pero tamén a tristura de ver que el se vai. Hoxe o que vos podo prometer é que lle vou a poñer todas as gañas, toda a paixón e toda a ilusión”, concluíu.

Luís Rey Villaverde (1965) está casado e ten un fillo e unha filla. Estivo 14 anos como responsable de acción sindical da Federación Agroalimentaria. A partir do ano 2005, creou a Escola Deportiva Xuventude Oroso, onde implantou un sistema de traballo que a levou a converterse nunha das canteiras referentes a nivel nacional. Vencellado dende hai máis de 20 anos á Agrupación Socialista de Oroso, onde actualmente ocupa a secretaría de Política Municipal e Acción Electoral, foi o Secretario Xeral que recuperou a Manuel Mirás para o partido.

Comezou a súa andaina como concelleiro á fronte das áreas de Cultura e Deportes, se ben nesta lexislatura asumiu as áreas de Urbanismo, Obras, Servizos e Medio Ambiente. 

Apoio do alcalde saínte

Pola súa banda, Manuel Mirás destaca que “para min, Luís é unha persoa de diálogo e con gran capacidade de traballo. Ten no seu haber a súa experiencia en distintos departamentos do Concello e tamén foi o creador da Escola Xuventude Oroso, un modelo de escola deportiva referente en Galicia”. Por iso, Mirás Franqueira está convencido de que “o Concello de Oroso queda en moi boas mans”.

Neste sentido, o aínda alcalde de Oroso sinala que Luís Rey “é unha persoa preparada para Gobernar, como xa demostrou por todas a concellerías polas que foi pasando: Cultura, Deportes, Relacións Veciñais… ata chegar á actual, na que se fixo cargo de concellerías tan importantes como as de Urbanismo, Obras e Medio Ambiente, onde ten demostrado o seu gran coñecemento deste Concello. Estou convencido de que os veciños e veciñas de Oroso poden estar tranquilos porque á fronte deste Concello quedará unha persoa que vai continuar o incluso mellorar a xestión que viñamos realizando ata o de agora”.

Elección

O nomeamento de Luís Rey Villaverde como alcalde de Oroso terá que ser refrendada pola maioría do Pleno Municipal. Así, o próximo luns 10 de maio terá lugar a renuncia de Manuel Mirás ao posto de alcalde, quedando, pois, como alcaldesa en funcións a concelleira Vanesa Boo.

Entre os días 24 e 25 de maio, convocarase o pleno de investidura, no que cada un dos grupos municipais pode presentar o seu candidato ou candidata á Alcaldía de Oroso. O que xa se sabe dende hoxe é que o grupo municipal socialista proporá a candidatura de Luís Rey Villaverde.

Post navigation

Previous: Frades aportará 10.000 euros máis á hostalería do municipio
Next: Piden no Parlamento a caducidade da concesión da Casalonga

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

Camiño INgles ao seu paso por Oroso
2 minutes read
  • Oroso

Case un millón de euros para o paseo do Carboeiro en Oroso

Un momento da concentración en Oroso polo peche do Centro de Saúde
2 minutes read
  • Oroso

Máis queixas polos peches de centros de saúde

A Deputación cofinancia o campo de fútbol Lino Balado en Oroso
3 minutes read
  • Oroso

Novo céspede para o campo de fútbol Lino Balado en Oroso

OROSO CAMPAMENTO INCLUSIVO 11 MARZO 2026
2 minutes read
  • Axenda

Oroso ofrece un campamento inclusivo durante a Pascua

oroso asfaltado sigueiro 7 marzo 2026
2 minutes read
  • Oroso

300.000 Euros para asfaltar Sigüeiro

OROSO CAMPO LINO BALADO 20 XANEIRO 2026
2 minutes read
  • Oroso

Oroso inaugura un campo de fútbol con selo FIFA Quality Pro

oroso praza usaac diaz pardo 23 decembro 2025 (1)
2 minutes read
  • Oroso

Oroso abre ao tránsito peonil a Praza Isaac Díaz Pardo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.