Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Silleda
  • Xeral

O Consejo Superior de Deportes recoñece a Luís Penido e Christian Costoya como deportistas de alto nivel

Os recoñecementos do compostelán Luís Penido e o silledense Christian Costoya veñen de ser publicados no Boletín Oficial do Estado

LUIS PENIDO PREMIO EUROPEO 6 FEBREIRO 2026

O motor en Galicia e para moita xente unha relixión. Subidas de montaña como a de Chantada ou rallyes como o Berberecho ou o de Ourense súmanse ao carcross ou mesmo o trial eo motocross. Agora temos dous deportistas de elite e os dous na bisbarra.

De Luís Penido xa levamos anos falando e o seu esforzo levouno a conquistar o Campionato de Europa de Montaña. Christian Costoya comezou competindo en karts en Silleda, a súa vila, e agora acaba de conseguir a súa primeira vitoria na F4 despois de que o fichara Maclaren.

Costoya co seu pai asinando un acordo depatrocinio co aldalde de Slleda, Manuel Cuíña, no 2020

 Agora o Consejo Superior de Deportes recoñece a ambos os dous deportistas como de elite. A consideración de Deportista de Alto Nivel outórgase por un período de 5 anos e é o máximo recoñecemento que outorga o CSD, dependente do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, a aqueles deportistas con nacionalidade española.

A distinción atende ás propostas das distintas federacións deportivas, e analiza non só os resultados deportivos internacionais dos posibles candidatos, senón tamén outros parámetros como a modalidade deportiva practicada, se é unha modalidade olímpica ou non, a idade do deportista (categoría absoluta ou categorías inferiores), o número de países representados en cada modalidade (polo menos, 20 países no caso do automobilismo), así como a posición final alcanzada nestes campionatos do mundo ou europeos.

Luís Penido recibindo o galardón de Campión de Europa

Coa incorporación dos galegos Penido e Costoya, actualmente, o elenco de deportistas de alto nivel en toda España ascende a un total de 15 pilotos ou copilotos vinculados ao mundo do automobilismo.

Un ilusionado Luís Penido declarou que “é un pracer recibir o recoñecemento do CSD polos nosos éxitos en 2025, onde conseguimos por primeira vez na historia que un piloto galego alzásese co título de Campión de Europa de Montaña. Cabe apuntar que tiveron esta consideración de Deportistas de Alto Nivel figuras do automobilismo como os pilotos de F1, Fernando Alonso ou Marc Gené, ou figuras do mundo dos rallyes como Dani Xordo, Chus Puras ou Antonio Zanini. Ademais, o feito de entrar nesta listaxe xunto a unha nova promesa do automobilismo, como Christian Costoya, demostra que a idade non é ningún impedimento para seguir soñando e pelexando por triunfos e éxitos deportivos”.

Por último, Penido tamén quixo resaltar o traballo de todos os membros do seu equipo e os seus patrocinadores, que levan anos apoiándolle, e sen os que non fose posible alcanzar tantos títulos e recoñecementos nos últimos anos.

Post navigation

Previous: Deputación e Concello de Val do Dubra traballan na travesía de Bembibre
Next: A Casa da Xuventude envellece

Máis novas

diego luis diaz alcalde val do dubra primer plano 5 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Diego Luís Díaz, alcalde de Val do Dubra

a banha nova umeracion 5 outubro 2026
3 minutes read
  • A Baña

A Baña prepara a nova numeración municipal en 11 parroquias

santa comba mellora de viarios 5 outubro 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Santa Comba licita a mellora de viarios

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.