Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Luís Penido: 0 carbono

LUIS PENIDO CARBONO 0 15 DECEMBRO 2025

Luís Penido leva anos vinculado ao mundo do motor. Por unha banda como piloto, primeiro de rallyes e despois de montaña; e por outra no seu traballo como xerente de Trameve, unha empresa que se dedica ao reciclaxe ecolóxico de vehículos e con empregados discapacitados como contamos no seu día.

Esa preocupación pola reciclaxe e polo medio ambiente é a que levou hai tres anos a Luís Penido a pensar nun xeito de combater a inevitable pegada de carbono que deixa a competición de motor.

O primeiro ano foron cen árbores, no 2024 chegaron a 130 e nun ano tan especial como este son 150 ás árbores que se plantarán en distintos espazos de Compostela. Todos carballos.

Un ano especial no que os resultados acompañaron ao piloto ata o punto de proclamarse Campión de Europa de Montaña do Grupo 5. Hai que lembrar que viña de gañar o título nacional en esa categoría nos últimos tres anos.

Luís Penido foi capaz de subir ao podio nas dez probas nas que participou o fala da súa regularidade. A preocupación por aforrar custos e reducir a pegada de carbono levounos ademais a instalar unha base en Croacia desde onde partiron ás carreiras de centro Europa.

Conseguir un primeiro posto continental, con patrocinadores locais, cunha pegada de carbono 0 e algo insólito e que non conseguiron outros equipos de disciplinas do motor con apoios considerablemente máis grandes.

 Agardemos que Luís Penido teña o vindeiro ano un reforzo que lle permita repetir este galardón e aquí estaremos para contalo xa que, aínda que non falamos de deportes, o coidado do medio ambiente hai moitas formas de desenvolvelo e este é un dos mellores exemplos.

Post navigation

Previous: Frades recupera o azude do río Tambre na área recreativa da Presa
Next: Noia presenta o programa “É Nadal en Noia”

Máis novas

diego luis diaz alcalde val do dubra primer plano 5 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Diego Luís Díaz, alcalde de Val do Dubra

a banha nova umeracion 5 outubro 2026
3 minutes read
  • A Baña

A Baña prepara a nova numeración municipal en 11 parroquias

santa comba mellora de viarios 5 outubro 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Santa Comba licita a mellora de viarios

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.