Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Lousame

As Brigadas Deseucaliptizadoras intervirán no monte de Vila Cova en Lousame

A Comunidade do Monte Veciñal de Vila Cova, en Lousame,  suma o seu territorio ás Brigadas Deseucaliptizadoras
brigadas-verdegaia-lousame-slide-20-maio-2022_r

Lousame, 20 de maio do 2022 – A Comunidade do Monte Veciñal de Vila Cova, en Lousame,  suma o seu territorio ás Brigadas Deseucaliptizadoras

As Brigadas amplían con esta incorporación os territorios nos que realiza o traballo de deseucaliptización e desacaciación. Estes colectivos traballan para eliminar as especies exóticas e invasores naqueles lugares onde existen terreos de entidades que queren contribuír a recuperar o bosque autóctono.

En 2021 as Brigadas realizaron 16 intervencións en 7 lugares propiedade de comunidades de montes e asociacións veciñais. No que vai de 2022 xa se leva intervido en 7 localidades con 11 accións.

Esta comunidade do Monte Veciñal de Vila Cova, en Lousame, é o último territorio que se incorpora ás Brigadas Deseucaliptizadoras. Os e as Brigadistas colaborarán con esta entidade nunha zona de varias hectáreas que foi deseucaliptizada pola comunidade. Nesta ocasión as Brigadas contribuirán a eliminar rebrotes de eucalipto para posteriormente, no inverno, reforestar a zona con árbores autóctonas.

Participar

A roga comezará ás 09:30 da mañá e terá como punto de encontro o Campo de Fútbol de Vila Cova. Para participar é necesario estar inscrito como Brigadista e terse anotado previamente para a realización da actividade en https://verdegaia.org/brigadas/como-participar

As Brigadas de Verdegaia

As Brigadas Desucaliptizadoras son unha iniciativa da Asociación Ecoloxista Verdegaia que teñen como obxectivo mobilizar, organizar e coordenar persoas de todo o País con vontade de botarse ao monte para realizar accións de voluntariado ambiental.

Estes traballos realízanse en colaboración cos titulares de terreos con valores ambientais degradados ou ameazados pola eucaliptización e outras especies exóticas invasoras. Mediante a erradicación destas especies e a súa substitución por outras autóctonas de alto valor ecosistémico.

As accións das Brigadas teñen como obxectivo que as zonas intervidas non volten a ser pasto do lume e que sirvan como zonas protectoras, actuando como cortalumes verdes e corredores de biodiversidade.

Post navigation

Previous: O Servizo de Axuda ao Fogar de Vedra terá unha suba salarial do 6,5%
Next: Reclaman a titularidade pública para a Illa da Creba

Máis novas

Veciños, políticos e estudiosos reivindican a Zernandas de Castro en Lousame
5 minutes read
  • Lousame

Lousame reivindica a Zernadas de Castro como precursor do galeguismo

lousame 8m
3 minutes read
  • Lousame

As voluntarias europeas de Lousame protagonizarán os actos do 8 de marzo

deputacion acordos lousame 13 febreiro 2026 (2)
2 minutes read
  • Lousame

Lousame e Deputación renovan o céspede artificial do campo de fútbol de Cabanetán

LOUSAME ENTROIDO 9 FEBREIRO 2026
3 minutes read
  • Lousame

Lousame recupera o Desfile de Disfraces de Entroido

lousame reunion alfonso rueda 12 xaneiro 2026
2 minutes read
  • Lousame

Reunión entre o Presidente da Xunta e o alcalde de Lousame

lousame orzamentos 2026 29 decembro 2025
5 minutes read
  • Lousame

Os orzamentos 2026 de Lousame eliminan as partidas dos partidos

lousame museo minas san finxs 21 outubro 2025
2 minutes read
  • Lousame

O Museo das Minas de San Finx premiado en Asturias

lousame cambio de alcalde slide 19 setembro 2025 (2)
5 minutes read
  • Lousame

Esteban Ares García toma posesión como alcalde de Lousame

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2830) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (832) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.