Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Lousame
  • Xeral

A alcaldesa de Lousame renuncia ao cargo por motivos personais

lousame teresa villaverde slide

Teresa Villaverde presenta a súa renuncia ao cargo de rexedora de Lousame por motivos estritamente persoais. O Pleno municipal tomou coñecemento do escrito presentado nunha sesión extraordinaria e urxente celebrada onte ás 19:00 horas

O Pleno municipal de Lousame, reunido na tarde de onte en sesión extraordinaria e urxente, tomou coñecemento do escrito de renuncia ao cargo de alcaldesa presentado por Teresa Villaverde Pais, despois de 14 anos á fronte da corporación municipal e tras 22 anos como concelleira.

Villaverde Pais expúxolles aos distintos grupos municipais que “por motivos estritamente persoais, véxome na necesidade de tomar a decisión, nada fácil pero necesaria, de presentar a miña renuncia ao cargo de alcaldesa presidenta desta corporación municipal”.

A ex-alcaldesa de Lousame quixo que as súas primeiras palabras foran “para agradecer á veciñanza de Lousame a confianza depositada na nosa candidatura do Partido Popular de Galicia que, unha vez mais, resultou ser a máis votada nas pasadas eleccións municipais”. Acto seguido, tivo palabras de agradecemento e recoñecemento para os seus compañeiros do Grupo de Goberno: “síntome orgullosa de pertencer a este equipo e de ter a oportunidade de participar activamente na xestión política da vida municipal xunto ao meu equipo de Goberno”.

Finalmente, Teresa Villaverde agradeceu tamén aos grupos da oposición “polo clima de respecto e colaboración” e a todo o persoal municipal “cos que levo traballando 22 anos, pola súa colaboración e paciencia que me demostraron, sen a súa axuda non sería posible realizar o meu traballo nestes catorce anos de xestión, exercendo con dedicación e responsabilidade as funcións de alcaldesa de Lousame, o meu concello”.

Xestión

Unha xestión “con acertos e erros, pero sempre pensando no ben común”, apuntou Villaverde Pais, quen evitou facer unha relación de obras ou servizos postos en marcha. “Traballamos en equipo, dedicando esforzos, creando ilusións e facendo realidade moitos dos proxectos comprometidos cos nosos veciños e veciñas lexislatura tras lexislatura”.

Neste sentido, recoñeceu que “son moitas as actuacións levadas a cabo nestes anos, todas elas grazas ao gran traballo realizado por todos os membros do Equipo de Goberno, de todos os traballadores e traballadoras públicos e da colaboración atopada nos colectivos locais e da cidadanía en xeral: asociacións, comunidades de montes…”.

Finalmente, Teresa Villaverde quixo facer unha mención especial “a todo o voluntariado: Protección Civil, Voluntariado Xuvenil, Sénior e Erasmus, que veñen facendo actividades nos ámbitos social, deportivo, medioambiental e cultural durante estes anos. A todos eles quero mandarlles o meu agradecemento máis sincero e o ofrecemento para seguir colaborando en todo o que poida ser útil”.

Futuro

Sobre o seu futuro, Teresa Villaverde apuntou que “seguirei a partir de agora traballando polo meu pobo como unha máis, naquelas cuestións que contribúan a seguir avanzando e mellorando como comunidade”.

De feito, durante a xornada hoxe, Villaverde asistiu á primeira sesión dos Obradoiros da Memoria, un programa gratuíto no que están anotadas máis de sesenta persoas, e sinalou que unha das primeiras cousas que fará é anotarse como voluntaria sénior.

Post navigation

Previous: Ames precisa un millón de euros para rematar o centro multifuncional do Milladoiro
Next: 300 artistas actuando ao mesmo tempo no Go!Go!Zo!

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.