Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Lousame
  • Xeral

Esteban Ares García toma posesión como alcalde de Lousame

lousame cambio de alcalde slide 19 setembro 2025 (2)

Esteban Ares dixo que asume a Alcaldía “con vocación de servizo público, porque así se debe exercer a política local, servindo aos teus veciños e veciñas, escoitándoos e abríndolles sempre as portas deste Concello”

O novo rexedor de Lousame, Esteban Ares, pediu na toma de posesión “Que as lousas que dan nome ao noso municipio nos sirvan de símbolo: firmes e sólidas como debe ser o noso compromiso cos veciños. Comeza unha nova etapa para Lousame. Fagámola xuntos, con ilusión, con traballo e coa confianza no futuro deste concello”.

Nun salón de plenos ateigado de veciños e veciñas e diante da súa familia máis directa, así como representantes do Partido Popular da Coruña como Diego Calvo e Evaristo Ben, tomou posesión como novo alcalde de Lousame, Esteban Ares.

Tras xurar o seu cargo como alcalde e recibir o simbólico bastón de mando de mans da alcaldesa saínte, Teresa Villaverde, quen renunciara este martes ao cargo por motivos persoais, Esteban Ares asumiu esta nova responsabilidade “con gratitude, humildade e vocación de servizo público. Porque así se debe exercer a política local, servindo aos teus veciños e veciñas, escoitándoos e abríndolles sempre as portas deste Concello”.

Comprometeu que o equipo de Goberno traballará “para que Lousame siga a ser un referente na comarca en áreas como cultura, deporte, conciliación, voluntariado e servizos sociais. Traballaremos para que Lousame sexa un lugar mellor para vivir e para que cada veciña e cada veciño sinta orgullo de pertencer a este concello. Sen compararnos con ninguén, debemos estar orgullosos de ser de Lousame e defender esta terra”.

Continuidade e renovación

O novo alcalde apuntou que “hoxe Lousame abre unha etapa de continuidade, mais tamén de renovación. Continuidade porque mantemos o mesmo amor pola nosa terra, as mesmas gañas de servir e porque recoñecemos e coidamos o legado que recibimos. Renovación porque cada etapa trae a súa propia enerxía, a súa maneira de traballar e a súa propia mirada ao futuro”. Por iso, indicou que o seu equipo de Goberno comprométese a “respectar o camiño andado e, ao mesmo tempo, construír xuntos o que aínda está por vir”.

Así mesmo, tendeu a man á oposición par que “dentro das diferencias ideolóxicas, traballemos de maneira construtiva polo futuro deste concello. Sempre e cando as propostas sexan polo ben común dos veciños e deixemos as siglas partidistas a un lado, aquí terán vostedes unha persoa e un equipo co que dialogar”.

Agradecementos a Teresa Villaverde

Tras iniciar o seu discurso cun agradecemento persoal á súa muller e aos seus pais, presentes no salón de plenos, Esteban Ares agradeceu a confianza depositada polo PP, representado hoxe por Diego Calvo e Evaristo Ben, presidente e secretario xeral provinciais do Partido Popular. “A vosa presenza hoxe aquí é un respaldo que asumo con enorme responsabilidade. Sei que o Partido Popular sempre apostou por Lousame e me encargarei, xunto co meu equipo, de que Lousame non vos falle”, comprometeu.

Tamén tivo palabras para Teresa Villaverde, a quen agradeceu “a súa dedicación e entrega durante tantos anos. Un día recibíchesme cos brazos abertos e me afiliaches a este partido, a esta familia. Hoxe entrégasme o bastón de mando deste Concello. O teu traballo marcounos o camiño e deixounos un listón moi alto. O noso compromiso é claro: coidar e continuar ese traballo e, ao tempo, achegar a ilusión e a enerxía que require esta nova etapa, porque o obxectivo debe ser sempre mellorar aínda máis ese legado que recibimos”.

Ares García rematou a quenda de agradecementos cos seus compañeiros e compañeiras concelleiras: “grazas polo voso apoio, pola confianza e por animarme a dar este paso. Fagamos un equipo forte, que demostre que podemos superar o listón que nos deixaron, porque estou convencido de que somos capaces de conseguilo”.

A sesión plenaria extraordinaria celebrada este mediodía estivo presidida pola segunda tenente de alcaldesa, Silvia Agrafojo, toda vez que o alcalde en funcións era candidato á alcaldía. Os voceiros do PSdeG, Juan José Prego, e do BNG, Anxo Moledo, presentaron tamén as súas candidaturas polo que tras a votación, a lista quedou como segue: Anxo Moledo 1 voto, Juan José Prego 4 votos e Esteban Ares 6 votos, polo que procedeu a xurar o seu cargo sobre a Constitución e a recibir o bastón de mando de mans da alcaldesa saínte, Teresa Villaverde, quen unha vez rematada a sesión presentou a súa renuncia tamén á acta de concelleira. Un escrito do que tomará coñecemento o Pleno na súa sesión ordinaria do vindeiro 26 de setembro.

Post navigation

Previous: Congreso Galego de Bonsái
Next: O máis lido en Lindeiros do 15 ao 20 de setembro do 2025

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.