Lousame, 27 de xullo do 2017 – O Concello de Lousame organiza para este sábado 29 de xullo unha ruta de sendeirismo polo río Vilacoba.
A actividade, de carácter gratuíto, comezará ás 09.30 horas na presa da minicentral de Pías e finalizará en Portobravo. O percorrido é duns 9 kilómetros e discurrirá a pé de curso fluvial e entre antigos muíños.
As inscricións deberán realizarse na oficina municipal de Deportes, ou a través do teléfono 981 825 780.
Para facilitar a asistencia dos veciños, dende o Concello de Lousame facilitan un servizo de autobús. Este terá un custo de 2 euros por persoa, a pagar no momento da saída. O punto de encontro para os interesados neste servizo será a praza D. Teodomiro Hidalgo ás 08.45 horas.
Dende o Concello de Lousame animan a todos os veciños a gozar dunha xornada diferente entre o rico patrimonio natural do municipio.
A conca do río Vilacova atópase dentro dos límites municipais de Lousame na práctica totalidade da súa superficie, salvo un pequeno tramo que discorre polo veciño Concello de Rois. É unha das máis grandes e importantes do municipio, situándose o seu nacemento no cara norte do monte A Muralla (Fruime).
O val deste río percorre o Concello de E a W dividindo as parroquias de Vilacova, Lesende e Lousame. Ao longo de todo este percorrido cara ao mar, ten unha gran diversidade tanto morfolóxica como paisaxística e biolóxica, que pode contemplarse camiñando pola ruta de sendeirismo que hai marcada e sinalizada nas súas ribeiras. Este percorrido continua polas do seu tributario o San Xusto, que atravesa a parroquia do mesmo nome, despues de nacer en terras de Fontefría.