Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Entroido
  • Lousame
  • Rois
  • Xeral

Lousame e Rois preparan o Entroido 2022

Seguimos engadindo á axenda datas de Entroido e en este caso ofrecemos as opcións de Lousame e Rois.
rois-entroido-slide-21-febreiro-2022_r

Table of Contents

Toggle
  • Bisbarra, 22 de febreiro do 2022 – Seguimos engadindo á axenda datas de Entroido e en este caso ofrecemos as opcións de Lousame e Rois.
    • Lousame
    • Rois

Bisbarra, 22 de febreiro do 2022 – Seguimos engadindo á axenda datas de Entroido e en este caso ofrecemos as opcións de Lousame e Rois.

Tras dous anos de pandemia a veciñanza busca volver á normalidade e o Entroido é unha boa escusa, Os concellos pola súa banda preocúpanse de que toda a normativa sanitaria se cumpra e se manteña a seguridade.

Lousame

O Concello de Lousame celebrará o seu Festival de Entroido o sábado 26 de febreiro no polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra.

Comezará  ás 16:30 e durará ata as 20:00 horas. Un festival que mantén o modelo probado con éxito en 2016: non haberá concurso de disfraces, que pasará a converterse nun desfile de disfraces.

“Queremos que sexa unha actividade familiar, onde a xente participe e desfrute da festa, sen ter que andar pendentes dos premios e do concurso”, explica a concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo.

O Festival de Entroido contará con obradoiros, xogos e inchables para os máis pequenos da casa, así como degustación gratuíta de orellas, filloas e chocolate con churros para todas as persoas que asistan.

As familias deberán inscribirse gratuitamente en bandoticket.com e escoller a quenda na que desexen participar: de 16:30 a 18:00 horas ou de 18:30 a 20:00 horas. “Optamos por un sistema de quendas como unha medida extraordinaria de prevención, ao ter lugar nun recinto pechado. Queremos evitar no posible as aglomeracións e que todas as persoas que asistan desfruten da festa con total seguridade”, sinala Silvia Agrafojo, quen animou á veciñanza a participar do festival.

Rois

Rois pola súa banda celebrará de novo o Entroido en liña. Será un concurso de disfraces que terá como premios vales que se poderán canxear en establecementos locais.

As persoas que queiran participar só terán que gravarse co seu disfraz e enviar o vídeo, que terá unha duración máxima de dous minutos, por correo electrónico. O prazo de inscrición péchase o venres 4 de marzo.

No concurso establécense tres modalidades: individual, parellas e grupo (formado por tres ou máis membros). Dentro de individual haberá cinco categorías en función da idade (persoas nadas antes do 2006, nadas entre o 2007 e o 2009, nadas entre o 2010 e o 2015, nadas entre o 2016 e o 2018 e nadas entre o 2019 e o 2020) e outras tres no caso das parellas (cando as idades dos dous participantes suman ata 20 anos, 30 ou 31 anos o u máis).

O importe total dos premios para os gañadores é de 1.200 euros. Cada unha das categorías de individual e parella optan a primeiro e segundo premio (de 40 e 30 euros, respectivamente, para os gañadores en solitario e de 60 e 40 euros para os dúos). Entre as comparsas repartiranse tres premios: un primeiro de 300 euros, un segundo de 200 euros e un terceiro de 100 euros.

O xurado, formado por entre 3 e 5 persoas, valorará aspectos como a orixinalide e a creatividade na confección dos disfraces e a posta en escena. O nome dos gañadores darase a coñecer o 9 de marzo na web do Concello de Rois.

Poderán inscribirse, nunha soa categoría, todas as persoas que o desexen. Para iso, haberán de cubrir o formulario de inscrición e subir o seu vídeo como comentario á publicación do FB na que se anuncia o concurso ou mandalo por correo a inscricions@rois.gal. A data límite é o venres 4 de marzo, incluído. Cada vídeo terá un título, que deberá figurar tanto na folla de inscrición como no comentario cando se publique a gravación coa fin de que poida ser identificado polo xurado.

A oferta da presente edición do Entroido aumenta este ano coa celebración dos chamados Talleres Entroideiros, nos que as familias terán a oportunidade de elaborar os complementos para os seus disfraces. Os obradoiros desenvolveranse nos pavillóns de Rois e de Urdilde o sábado 26 de febreiro entre as 11 da mañá e as 2 da tarde. A inscrición, gratuíta, debe facerse ata o luns 21 de febreiro mandando un correo a inscricions@rois.gal, no que constarán nome, apelidos, idades e teléfono de contacto dos participantes.

Post navigation

Previous: O futuro de Oroso pasa polas axudas á vivenda, os servizos e o emprego
Next: Sergude retoma o seu Entroido, cos tradicionais atranques dos xenerais

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.