Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Lousame
  • Xeral

Repoboar o futuro

montescola repoboacion en froxan 18 decembro 2024 slide (2)

Bisbarra, 18 de decembro do 2024 – A manifestación contra ALTRI,  a defensa numantina en contra da Mina de Touro, a loita por recuperar a canteira da Casalonga ou as minas de Lousame… a veciñanza sabe onde esta o patrimonio a coidar, agora hai tamén que repoboar o futuro.

En esa liña de traballo de protexer o medio ambiente pero sementar para o futuro, aséntase o proxecto Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático (CAPRIF-CC). Eles organizan, en colaboración con Fundación Montescola, unha nova xornada para repoboar o monte de Froxán en Lousame.

Será o domingo 29 de decembro, entre as 10.00 e as 14.00 horas. Unha actividade gratuíta de voluntariado ambiental para repoboar con especies autóctonas unha contorna de cinco hectáreas de superficie.

As persoas interesadas en participar nesta actividade poderán inscribirse ata o xoves 26 de decembro enviando un correo electrónico cos seus datos de contacto (nome e apelidos, teléfono, correo electrónico e lugar de residencia) a info@montescola.org ou cubrindo o formulario existente na páxina web www.caprifcc.com. 

O director da Fundación Montescola, Joám Evans, destaca que a repoboación levarase a cabo nunha zona alta do monte, na que se atopa o nacente do Regueiro do Ramo Curvo e na que xa se eliminaran especies pirófitas e invasoras como o eucalipto e a acacia.

Agora repoboarase con preto dun milleiro de exemplares dunha ducia de especies autóctonas, entre as que se atopan carballos, castiñeiros, pradairos, bidueiros, teixos, sabugueiros, salgueiros e érbedos. 

O monte de Froxán foi recoñecido no ano 2017 polo Programa das Nacións Unidas para o Ambiente como unha das “Áreas Conservadas por Pobos Indíxenas e Comunidades Locais” (ICCA, nas súas siglas en inglés) e forma parte das zonas de actuación piloto do proxecto CAPRIF-CC para a restauración de hábitats, creación de cortalumes verdes, recuperación de espazos con valores culturais e eliminación de especies exóticas invasoras. 

CAPRIF-CC está financiado pola Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

O proxecto CAPRIF-CC está impulsado pola Fundación Juana de Vega, a Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (CEER), a Fundación Centro Tecnológico y Forestal de la Madera (CETEMAS), a Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT) e a Fundación Montescola.

Post navigation

Previous: Xantar na casa chegará a Compostela
Next: XI edición do Certame Poético Rosalía de Castro

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.