Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Lousame
  • Xeral

Lousame, unha crise máis para o PSdeG provincial?

Concello de Lousame _DSC1067 slide _r

A que fora candidata polo PSdeG-PSOE á alcaldía de Lousame, renuncia á acta de concelleira e a teórica substituta di que tampouco collerá a acta.

Mentres, literalmente, o PSdeG celebraba o seu V Congreso Provincial este domingo e elixía unha nova executiva, os problemas (como na vella serie de televisión) crecían. O concello de Lousame celebraba unha sesión extraordinaria na que tomaba coñecemento da renuncia de Ana María Domínguez Laíño, candidata do PSdeG-PSOE á Alcaldía, á súa acta como concelleira.

A renuncia fora formalizada o pasado 1 de maio. O alcalde en funcións de Lousame, Esteban Ares García, aproveitou para agradecerlle a concelleira “o traballo realizado ao longo deste meses e desexarlle a mellor das sortes na súa vida persoal e profesional”.

Esta baixa das filas socialistas non é a única xa que o pleno de Lousame tomou coñecemento tamén da renuncia anticipada de Ana Vanesa Martínez Figueroa a asumir a acta que deixa libre Domínguez Laíño, polo que o Concello enviará unha comunicación á Xunta Electoral Central para que traslade a petición á seguinte persoa na lista: Begoña Maroñas Maroñas.

A dous anos dunhas novas eleccións municipais a executiva do PSdeG ten bastantes cousas que resolver sen saír da provincia da Coruña. Outes, Lousame e Compostela por exemplo.

A situación en Santiago entrará nunha nova fase este venres nun pleno extraordinario no que, en principio, os expulsados pasarán a ser non adscritos e Sindo Guinarte e Marta Abal recuperarán o grupo municipal socialista.

Queda por ver si as sospeitas dos expulsados de que todo pasou para que Aitor Bouza entrara como concelleiro se compren. O feito de que Bouza saíra este domingo da executiva provincial pode indicar que se centrará na cidade pero tamén pode verse como un paso atrás na súa carreira política. Seguiremos atentos.

Post navigation

Previous: Que pasa no CEIP de Ventín en Ames?
Next: A Romaría da Flores chega a Belvís na Ascensión

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.