Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Lousame
  • Xeral

Lousame reivindica a Zernadas de Castro como precursor do galeguismo

Lousame imulsou o hasthag #EuConZernadas para pedir un Día das Letras Galegas na súa honra

Veciños, políticos e estudiosos reivindican a Zernandas de Castro en Lousame

Lousame, 23/03/2026 –  “#EuConZernadas”. Esta foi a frase máis repetida na Casa da Cultura Santeiros de Chave de Lousame durante a presentación oficial da campaña “Zernadas de Castro’27”.

Unha campaña coa que Lousame busca promover ante a Real Academia Galega a candidatura do cura de Fruime como homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2027, coincidindo co 250 aniversario da súa morte.

O alcalde de Lousame, Esteban Ares, destacou que Zernadas de Castro “non é pasado, é a orixe. Porque en pleno século XVIII, nos séculos escuros, el defendía a Galicia, defendía o galego e defendía a nosa identidade. Era unha actitude heroica, porque pensaba en Galicia cando Galicia aínda estaba por pensar. E iso é algo que non podemos esquecer. Hai nomes na historia que son recoñecidos e outros que seguen agardando ese recoñecemento. Zernadas é un deles, é un dos que agarda que Galicia mire cara el e que a Real Academia Galega lle dea o recoñecemento que merece. Estamos falando do precursor do galeguismo, con letras maiúsculas. Outros viñeron despois del e fixeron un traballo memoriable pero antes de todos estivo el e iso ten que ter un lugar na historia”.

O rexedor de Lousame asegurou que  “o que hoxe vimos a propoñer aquí, con toda a serenidade institucional e con toda a convicción, é que é hora de que a Real Academia Galega xire a súa vista cara este ilustre persoeiro, ao precursor do galeguismo. E o facemos cunha gran honra e unión política, veciñal e de traballo. Imos todos unidos co mesmo obxectivo e iso nos da a forza de saber que non estamos propoñendo un capricho local, senón unha obriga histórica que a RAG debe recoñecer”.

Engadiu ademais que “no 2027 celebraremos o 250 aniversario do seu pasamento e ese é o contexto ideal para recoñecer os 250 anos de galeguismo, porque iso é o que significaba Diego Antonio Zernadas de Castro”. 

Doazón da obra de Zernadas

O xornalista e escritor Xosé Manuel Rivas Troitiño fixo doazón dos “sete tomos orixinais das obras completas de Diego Antonio Zernadas de Castro, cura de Fruíme, aos veciños e veciñas de Fruíme, representados polo Concello de Lousame, para que poidan ler, desfrutar e agradecer a quen tanto loitou con palabras para defender a Galicia e aos galegos en tempos duros e escuros. Agradecido aos veciños porque mantiveron vivo o seu legado e fama. Por favor, seguide mantendo vivo a obra de Zernadas”.

Pola súa banda, Xulio Pardo de Neyra explicou que “o cura de Fruime foi unha figura de excepción” xa que “incorporou as letras galegas ao roteiro da lírica do barroco europeo. Aínda que non fora Quevedo ou Shakespeare, o seu valor é innegable e o seu manexo dos conceptos naquel momento ultravangardistas, desa lírica aceda e cáustica, socialmente involucrada é algo que denota que a Galicia dos séculos escuros tiña moito máis de séculos que de escuros, a pesar de que houbo unha persecución inmensa, algo que denuncia o propio Zernadas. Por iso é un dos pais dese galeguismo tan necesario”. Ademais, puxo en valor o seu papel como precursor do xornalismo en Galicia.

Agasallos

Durante o acto proxectouse o vídeo promocional da candidatura de Zernadas de Castro, guionizado e montado polo realizador noiés Luís Avilés, e con música de Xoán Curiel e Iris Gey López, quen interpretou tres poemas musicalizados do cura de Fruíme, un deles de estrea exclusiva para esta sesión: “Meu Carballo, tú estás cego”, baseado nun poema de Zernadas sobre a pretensión dun capitán portugués de mercar un boi galego que o corneara en Noia como acto de vinganza para matalo.

Ademais de sumarse á campaña #EuConZernadas, e antes de interpretar unha cantiga baseada nas “Décimas á Marquesa de Camarasa”, Gey López destacou que “nesta peza ides ver a defensa que Zernadas fixo da lingua nun período onde era extremadamente difícil. Eu son profesora de literatura aló no Barco e o seu nome aparece no temario dos séculos escurecidos, que non escuros porque obras literarias houbo. Sempre se fala de Xoán Manuel Pintos ou Añón, pero houbo persoas antes como Zernadas que facilitaron ese camiño para eles e para os posteriores Rosalía, Curros, Pondal… Creo que moitas desas figuras recibiron xa o seu recoñecemento e agora falta Zernadas de Castro e creo que foi moi valente facer estas composición nunha época na que no resto da península estaba de moda meterse co galego”.

O alcalde de Lousame entregoulles a Xulio Pardo de Neyra e Xosé Manuel Rivas Troitiño sendos debuxos de Zernadas de Castro elaborados por Alfonso Costa, fillo adoptivo de Lousame. O acto rematou con todos os presentes sumándose á campaña #EuConLousame, posta en marcha polo Concello nas redes sociais para sumar apoios á candidatura do cura de Fruíme ao Día das Letras Galegas. Un apoio ao que xa se sumaron distintas personalidades da política, da cultura e da vida social lousamiá nestes últimos días.

A corporación de Lousame estivo arroupada por representantes dos tres grupos políticos municipais como os deputados autonómicos Aitor Bouza e Patricia Iglesias (PSOE), os deputados provinciais Evaristo Ben e José Manuel Caamaño López (PP), a deputada provincial Sol Agra (BNG) e o xefe territorial de Educación, Santiago Freire, ademais de concelleiros dos municipios da contorna. Así mesmo, tamén asistiron numerosos integrantes da asociación de veciños Cernadas de Castro de Lousame, encabezados polas integrantes da xunta directiva María Regenjo e Flor Romero.

Post navigation

Previous: Val do Dubra prepárase para as feiras do Abril
Next: Impulso da Deputación ao turismo industrial no Barbanza

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.