Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Lousame
  • Xeral

Lousame recupera o Desfile de Disfraces de Entroido

LOUSAME ENTROIDO 9 FEBREIRO 2026

O alcalde de Lousame, Esteban Ares García, e a concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, veñen de presentar o Festival de Entroido, que terá lugar o sábado 14 de febreiro, de 18:00 a 21:00 horas, no polideportivo municipal da Silva.

Un festival de entrada de balde, se ben por razóns de organización e control de aforo é preciso reservar entrada a través de bandoticket.

Esteban Ares destacou que “este ano apostamos por facer o Festival de Entroido en sábado, e non en domingo como en anos anteriores, e recuperamos tamén o Desfile de Disfraces. Queremos que sexa unha xornada para desfrutar en familia, disfrazarnos, comer filloas e pasalo ben, polo que convidamos a participar a todos os veciños do concello e da comarca”.

O Festival de Lousame arrincará ás 18:00 horas co concerto “A Ramona pequena vai á lúa”, un espectáculo rockeiro da man de Pakolas que amosará á rapazada coas súas cancións que a imaxinación non ten límites.

Os nenos e nenas terán á súa disposición distintos obradoiros de entroido, inchables e unha degustación gratuíta de filloas e orellas, elaboradas no polideportivo por un grupo de veciñas de Lousame, así como de chocolate con churros da Churrería Rafra. As persoas adultas tamén poderán degustar estes produtos a un prezo módico.

Silvia Agrafojo puxo en valor a recuperación do Desfile de Disfraces “no que non queremos que haxa rivalidades sobre cal é o mellor disfrace, senón que queremos que todas as persoas desfruten e teñan as mesmas oportunidades de gañar, independentemente do que gastara no traxe. Por iso, entre todas as persoas que participen faremos un sorteo de tres vales de 300, 200 e 100 euros en material deportivo”.

Tanto o sorteo como o Festival estarán animados polo mago Charly Braun, quen xa ten actuado en moitas ocasións no municipio e que amosará sorprendentes trucos de maxia de preto sempre envoltos dun gran sentido do humor. Ademais, un DJ encargarase da animación musical unha vez remate o concerto de Pakolas.

Alcalde e concelleira de Lousame puxeron en valor o traballo realizado polo Departamento de Cultura na organización deste Festival, así como a colaboración das cociñeiras e do voluntariado local. O prazo de inscrición está aberto xa para os veciños e veciñas empadroados en Lousame a través de bandoticket.com, abríndose o prazo ao resto da comarca a próxima semana.

Para facilitar o acceso de vehículos, empregarase o mesmo sistema ca no Festival de Reis: dirección única de entrada pola Fonte do Redullo e saída polo CPI Cernadas de Castro. Así, os pequenos poden quedar na festa mentres a persoa adulta aparca nunha das zonas habilitadas na contorna do polideportivo municipal da Silva.

Post navigation

Previous: Dirty Suc, cabeza de cartel Do Ulla Fest 2026
Next: Arzúa busca converterse no epicentro comarcal do eclipse total de sol de 2026

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.