Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Lousame
  • Xeral

Unha protesta enterrará produtos da ría na mina de San Finx

O vindeiro sábado está convocada unha mobilización contra o vertido autorizado na mina de San Finx dentro dos terreos da propia mina.
confraria-noia-mobilizacion-mina-slide-4-xullo-2023-(1)_r

Bisbarra, 4 de xullo do 2023 – O vindeiro sábado está convocada unha mobilización contra o vertido autorizado na mina de San Finx dentro dos terreos da propia mina.

A xornada de protesta foi presentada nun acto no que participaron Joám Evans, portavoz da Plataforma de afectados pola mina de San Finx; Santiago Cruz, patrón maior da Confraría de Noia e Isaac Gaciño, patrón maior da Cofradía de
Portosín.

O voceiro da Plataforma, Joám Evans, demandou que “a Xunta revoque a autorización de vertidos concedida á mineira australiana a comezos do ano, logo de que se incumprise o condicionante de ter finalizadas as obras en catro meses”.

A Plataforma alerta que a propia empresa “recoñeceu que non dispón de financiamento para acometer as obras e, de feito, a súa cotización está a mínimos históricos, cun valor de apenas 1 céntimo por acción”.

Nestas circunstancias, consideran temerario que a Xunta manteña a vixencia da autorización, sendo evidente que a empresa “non dispón de medios nin solvencia para asumir as responsabilidades multimillonarias que implicaría a contaminación con metais pesados dos bancos de marisqueo”.

Protesta e enterro de produtos

A mobilización de protesta do vindeiro sábado celebrarase nas propias Minas de San Finx, en Lousame. A concentración está prevista para as 11 da mañá e cara alí partirán varios autobuses desde a estación de Noia media hora antes, ás 10:30.

A protesta incluirá un enterro simbólico dos produtos da ría que contará cos integrantes da compañía de teatro “Os Quinquilláns”, solicitando os organizadores que as persoas asistentes acudan vestidas de negro ou con roupa de augas.

Tamén haberá un concerto do grupo musical Barahúnda e unha degustación de produtos da ría ofrecida pola Confraría de Noia, que avisa que podería ser a última se se permite que os vertidos de San Finx acaben por realizarse.

A xornada concluirá cunha marcha ata as presas de residuos mineiros abandonadas, onde se instalará unha pancarta alertando do risco catastrófico que supoñen e se embotellará auga procedente da mina para enviar ao presidente da Xunta e aos titulares das consellerías responsables pola situación das minas.

Post navigation

Previous: A Real Filharmonía, baixo a batuta de Baldur Brönnimann, en Santo Agostiño
Next: Pilar Candocia volve á política como candidata ao Senado

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.