Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Lousame
  • Xeral

Lousame aprobou o proxecto de instalación da nova depuradora

Lousame aprobou no último pleno da lexislatura o proxecto construtivo de mellora da rede de saneamento e da nova depuradora.
lousame-pleno-mina-san-finxs-slide-29-novembro-2021_r

Bisbarra, 15 de maio do 2023 – Lousame aprobou no último pleno da lexislatura o proxecto construtivo de mellora da rede de saneamento e da nova depuradora.

Imaxe de arquivo dun pleno en Lousame

A nova depuradora de Lousame recibirá un investimento de case ao millón de euros. A aprobación inicial do proxecto contou cos votos a favor dos grupos municipais de PP e do BNG, e a abstención do PSOE. Agora será sometido a 20 días hábiles de exposición pública.

O proxecto construtivo da mellora da rede de saneamento e da nova depuradora de Lousame dará servizo aos núcleos de Devesa, A Silva, Berrimes, As Quintáns e A Costa. Unha actuación que permitirá tamén dar servizo a instalacións como a piscina e o polideportivo municipal, así como ao colexio Cernadas de Castro.

Así mesmo, o Pleno Municipal aprobou tamén un cambio nas achegas municipais a este proxecto: 0 euros en 2023, 105.262,18 euros en 2024 e 116.525,98 euros en 2025. Un cambio aprobado cos sete votos a favor do grupo municipal do Partido Popular e as catro abstencións de PSOE e BNG.

Outros temas

No resto da sesión, o pleno aprobou por unanimidade un recoñecemento extraxudicial de crédito de 66 euros para o pago dunha factura de 2022 presentada en marzo de 2023. Así mesmo, deuse o visto bo á adaptación da ordenanza fiscal por licencias de urbanismo e comunicacións previas á nova normativa (cos votos a favor de PP e BNG e a abstención do PSOE) e o establecemento dun prezo polas visitas ao complexo museístico de San Finx:

Tarifa xeral de 2 euros para persoas de 6 a 64 anos. Tarifa reducida de 1 euros para persoas empadroadas en Lousame e grupos escolares De balde para menores de 5 anos e maiores de 65. As tarifas foron aprobadas cos votos a favor de PP e PSOE e coa abstención o BNG.

Post navigation

Previous: Eleccións 23: Saltarse as regras do xogo
Next: Eleccións 23: 5 preguntas Compostela

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.