Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Lousame
  • Xeral

Lousame licita por 191.000 euros a mellor do alumeado municipal

Lousame vén de licitar por 191.700 euros o proxecto de redución da contaminación lumínica e mellora da eficiencia no alumeado público municipal.
lousame-alumeado-slide-16-outubro-2023_r

Bisbarra, 16 de outubro do 2023 – Lousame vén de licitar por 191.700 euros o proxecto de redución da contaminación lumínica e mellora da eficiencia no alumeado público municipal.

O concello subtituirá 344 puntos de luz cunhas luminarias obsoletas e cun rendemento moi baixo por outras de tecnoloxía LED. As obras de mellora do alumeado teñen un prazo de execución de 8 semanas e o prazo de presentación de ofertas está aberto ata o vindeiro 24 de outubro.

A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, explica que “o proxecto inclúe a substitución de 348 puntos de luz do alumeado público, onde se cambiarán os sistemas de alumeado por sistemas LED, renovaranse os centros de mando e o cabreado e se instalarán reloxos astronómicos de acendido e apagado para regular mellor o consumo”.

Neste caso, as luminarias a substituír están emprazadas en catorce localidades do municipio e na súa contorna: Abeixón, Boca do Souto, Carabeiras, Cernande, Chave, Figueroa, Filgueira, Maxide, Outeiro, Portela, Pousada, Riatelo, San Roquiño e Seixido.

Unhas aldeas que contan cunhas luminarias e centros de mandos moi deterioradas polo paso do tempo, cun rendemento moi baixo e cunha tecnoloxía de baixa eficiencia e alto poder contaminante, como son as lámpadas de vapor de sodio, vapor de mercurio e de haloxenuros metálicos.

En cada un dos centros de mando destas localidades acometeranse vairas reformas: substitución das luminarias por outras con tecnoloxía LED, renovación ou acondicionamento dos centros de mando, renovación dos tramos deteriorados, dotación de proteccións contra sobretensións e incorporación de acendido mediante reloxo astronómico en todos os cadros de mando. Unha tecnoloxía que contará con cando menos 5 anos de garantía en todos os seus compoñentes.

Este proxecto será cofinanciado polo IDAE e o Concello de Lousame, que financiará os 37.000 euros da súa achega grazas ao préstamo do Instituto Galego da Vivenda e Solo ao abeiro do Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes.

Post navigation

Previous: Roteiro “Castelao na Estrada”
Next: Os novos aparcamentos no Clínico pendentes dun estudo de mobilidade

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.