займ срочно

Lousame celebra un pleno con 4 concelleiros dos 11 que ten a corporación e unha secretaria sustituta

0

Lousame, 29 de xaneiro do 2017 – O Concello de Lousame celebrou “un pleno anómalo”, como o cualificou a propia alcaldesa, Teresa Villaverde. Unha sesión á que finalmente non asistiron, ben por razóns persoais ben por enfermidade, un total de 6 concelleiros: 2 do grupo municipal popular, os 3 concelleiros do grupo socialista e o concelleiro do BNG, baixa de última hora.

lousame pleno 4 concelleiros de 11

Os catro concelleiros votando no pleno

Así as cousas, a sesión desenvolveuse con catro concelleiros do Grupo de Goberno, xa que o Pleno tomou coñecemento no seu primeiro punto da orde do día da renuncia ao seu cargo do quinto concelleiro presente na sala, José Rodríguez Cao do Partido da Terra. A moción socialista incluida na orde do día foi retirada ao non estar ningún representante dos que a propoñian. Tampouco se levaron a cabo rogo e preguntas xa que so participaba equipo de goberno pola ausencia da oposición.

Debate previo ao pleno

O único debate que houbo no salón de plenos de Lousame tivo lugar, precisamente, antes do inicio da sesión. O concelleiro do Partido da Terra pediu a palabra antes do inicio da sesión para indicar que a súa renuncia debería ser efectiva despois da sesión plenaria, xa que tiña intención de presentar rogos e preguntas. Ante esta petición, a alcaldesa indicoulle que “pode renunciar a presentar o cese e seguir na sesión, do contrario será o primeiro punto da Orde do Día”.

Rodríguez Cao insistiu en pedir “que se tome coñecemento da miña renuncia despois da quenda de rogos e preguntas”. Teresa Villaverde indicoulle que “dende o martes que ten no seu poder a convocatoria e viu que era o primeiro punto da Orde do Día tivo a oportunidade de presentar un escrito para deixar sen efecto esa renuncia. Se quere estar neste pleno, diga agora que renuncia ao escrito que presentou”, polo que debería volver a presentar formalmente a súa renuncia ante o Rexistro Xeral do Concello.

A secretaria acumulada, xa que a secretaria titular de Lousame tamén está de baixa, explicou que dende o momento en que un concelleiro presenta a súa renuncia ao cargo se abre un procedemento de renuncia que remata cando o pleno toma coñecemento desa renuncia e que, ata ese mesmo momento, o concelleiro pode retirar a súa renuncia. Ante esta situación, Rodríguez Cao decidiu abandonar o salón e non participou na sesión plenaria. Así as cousas, o Pleno tomou coñecemento da renuncia do concelleiro do Partido da Terra e acordou pedir á Xunta Electoral a designación dun novo concelleiro que, de acordo coas listas electorais, sería Silvia Cao Tobío.

Escaso contido

Ante a ausencia do resto da corporación, o pleno de Lousame aprobou a acta da sesión anterior e deuse conta das resolucións da Alcaldía do número 690/2016 á 10/2017. Neste punto, Teresa Villaverde anunciou que “no último cuadrimestre melloramos moito o período medio de pago a provedores, baixándoo ata os 10,43 días, unha cifra moi por debaixo do trimestre anterior”.

Share.

Comments are closed.