Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Lousame

Lousame aproba un orzamento 3,1 millóns de euros para este ano

O pleno de Lousame aprobou, en sesión extraordinaria e urxente, o orzamento para este ano que ascende a 3,1 millóns de euros.
lousame-orzamentos-slide-8-marzo-2022_r

Table of Contents

Toggle
  • Lousame, 8 de marzo do 2022 – O pleno de Lousame aprobou, en sesión extraordinaria e urxente, o orzamento para este ano que ascende a 3,1 millóns de euros.
    • Investimentos
    • Resto das contas

Lousame, 8 de marzo do 2022 – O pleno de Lousame aprobou, en sesión extraordinaria e urxente, o orzamento para este ano que ascende a 3,1 millóns de euros.

O orzamento saíu adiante cos dez votos a favor de PP e PSOE, e coa abstención do representante do BNG. As contas son cualificadas desde o goberno municipal como equilibradas.

A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, explicou que se trata dun “orzamento garantista e realista, cun esforzo moi importante en Servizos Sociais” e que cumpre cos principios de estabilidade orzamentaria, límite de débeda e incluso coa regra de gasto, pese a non ser obrigatoria este ano.

A voceira municipal do PSOE, Beatriz González Bargo, amosou o apoio do seu grupo aos orzamentos pois “son os que son e a situación é a que temos, aínda que nos gustaría que houbera un pouco máis de inversión”. Un punto no que a alcaldesa lembrou que “ao final de cada exercicio a cantidade dedicada a investimentos sempre é maior, pero agora preferimos ser garantistas e non incluír investimentos que non temos resoltas”, destacando que “todas as actuacións que están incluídas no capítulo de investimentos están confimadas”. O voceiro do BNG non fixo uso da súa quenda de intervención.

Esta actitude preventiva levou ao Concello de Lousame a incluír unha póliza de crédito nos orzamentos por se finalmente fose necesario empregala para acometer algunha operación de tesourería como, por exemplo, o proxecto presentado no IDAE para mellora da eficiencia enerxética no municipio.

Investimentos

Os investimentos reais no orzamento suman 583.989,05 euros. De esta cantidade cerca de 192.000 euros serán investidos en catro proxectos de pavimentación en Camboño, do interior da aldea vella de Gandarela, dos viarios do núcleo de Badueles e os accesos a Burzó e á costa da Escabia. Así mesmo, investiranse 80.968,09 euros no acondicionamento dun espazo público na aldea de Pousada e outros 65.814,61 euros no camiño de Portela a Seixido.

Outros 128.000 euros serán destinados a dous proxectos de mellora de estradas en Cruído e á segunda fase das obras na pista da AC-543 a un camiño de servizo. A maiores, contémplanse outros 18.394,71 euros para a segunda anualidade das obras de mellora dos accesos a Comparada e Fontefría.

Finalmente, o Concello de Lousame levará o saneamento á aldea de Vilar (18.504) euros, revestirá o interior do polideportivo da Silva (29.540,58 euros) e reserva outros 31.764 euros para un programa de compostaxe doméstica e 45.000 euros para parques infantís.

Resto das contas

O gasto de persoal do Concello de Lousame en 2022 será de 1.086.763,56 euros mentres que o gasto corrente medrará ata os 1.252.468,56 euros, dos que máis de 520.000 euros serán destinados a asistencia social primaria e 128.000 euros a alumeado público. Os gastos financeiros experimentan unha caída do 38,5%, ata os 8.850 euros.

No que atinxe aos ingresos, o Concello de Lousame agarda ingresar 1.623.601,1 euros de transferencias correntes doutras Administracións, así como 584.500 euros de impostos directos (IBI, IAE, Vehículos) e 40.000 euros de impostos directos (como o ICIO). As previsións de ingresos por taxas municipais é de 363.448,56 euros.

A sesión comezou coa aceptación por unanimidade da urxencia da sesión, xustificada pola alcaldesa na necesidade de non demorar a aprobación inicial dos orzamentos de 2022 e facilitar a súa entrada en vigor o antes posible.

Post navigation

Previous:  O enlace orbital de Compostela avanza a bo ritmo
Next: 8 de marzo, o Día Internacional da muller na bisbarra

Máis novas

Veciños, políticos e estudiosos reivindican a Zernandas de Castro en Lousame
5 minutes read
  • Lousame

Lousame reivindica a Zernadas de Castro como precursor do galeguismo

lousame 8m
3 minutes read
  • Lousame

As voluntarias europeas de Lousame protagonizarán os actos do 8 de marzo

deputacion acordos lousame 13 febreiro 2026 (2)
2 minutes read
  • Lousame

Lousame e Deputación renovan o céspede artificial do campo de fútbol de Cabanetán

LOUSAME ENTROIDO 9 FEBREIRO 2026
3 minutes read
  • Lousame

Lousame recupera o Desfile de Disfraces de Entroido

lousame reunion alfonso rueda 12 xaneiro 2026
2 minutes read
  • Lousame

Reunión entre o Presidente da Xunta e o alcalde de Lousame

lousame orzamentos 2026 29 decembro 2025
5 minutes read
  • Lousame

Os orzamentos 2026 de Lousame eliminan as partidas dos partidos

lousame museo minas san finxs 21 outubro 2025
2 minutes read
  • Lousame

O Museo das Minas de San Finx premiado en Asturias

lousame cambio de alcalde slide 19 setembro 2025 (2)
5 minutes read
  • Lousame

Esteban Ares García toma posesión como alcalde de Lousame

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.