займ срочно

Lousame mellorará os accesos ao núcleo do Castro

0

Bisbarra, 6 de setembro do 2023 – O concello de Lousame garante a mellora dos accesos ao núcleo do Castro coa aprobación en pleno dunha modificación orzamentaria.

A modificación, aprobada por unanimidade, permitirá acometer as obras de mellora dos accesos ao núcleo do Castro, así como ampliar os límites orzamentarios anuais para a correcta execución desta obra. Os traballos están incluídos no Plan de Mellora de Camiños Rurais 2023-2024. Unha actuación orzamentada en 62.163,99 euros (sen IVE).

A alcaldesa Teresa Villaverde explicou a urxencia da sesión no feito de que “estamos cos prazos moi ao límite para poder executar a obra e se agardamos á sesión ordinaria do 29 de setembro non chegariamos para contratar”.

Na actualidade, o camiño de acceso ao Castro está asfaltado pero conta cun firme e un ancho de calzada insuficientes. As obras permitirán dotar a este camiño dun ancho constante de 3,5 metros, así como mellorar o firme existente.

No treito que se corresponde con núcleo da aldea, onde vive unha vintena de persoas, procederase a demoler o pavimento para unha posterior nivelación con cinco centímetros de zahorra e a instalación dun pavimento de formigón de 15 centímetros. Neste tramo instalarase unha canalización para a recollida das augas pluviais con dúas arquetas e dous sumidoiros.

No resto dos treitos do Castro procederase á limpeza de gabias de ambas as dúas marxes, así como a mellora da capa de rodaxe cunha capa de aglomerado de 6 centímetros en toda a plataforma, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes. En total, ampliaranse tres treitos de camiño dos 3 metros ata os 3,5 metros. Finalmente, pintaranse a marcas viarias correspondentes e colocarase un sinal de Stop.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies