Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Lousame
  • Xeral

Lousame licita obras por un importe superior aos 200.000 euros

O concello de Lousame vén de sacar a licitación catro contratos de obras por un importe de 208.241 euros.
lousame-obras-slide-8-setembro-2023_r

Bisbarra, 8 de setembro do 2023 –  O concello de Lousame vén de sacar a licitación catro contratos de obras por un importe de 208.241 euros.

Trátase das obras de pavimentación do camiño entre Carantoña e Abeixón (Tállara), da mellora do lavadoiro de Lesende, da pavimentación do núcleo de Guiende (Tállara) e da mellora dos accesos a Castro (Lousame). As empresas que desexen presentarse ao concurso teñen ata o 19 de setembro para presentaren as súas ofertas.

O proxecto que terá un maior custo económico será a pavimentación do camiño de Carantoña a Abeixón, incluída no POS+2023, que conta cun orzamento base de licitación de 71.955,04 euros. As obras teñen un prazo máximo de execución de seis meses e suporán a ampliación e mellora dunha estrada de 680 metros de lonxitude.

Ademais de mellorar a capa de rodaxe con 6 centímetros de aglomerado en quente, o Concello de Lousame vai construír unha cuneta de seguridade de 170 metros de lonxitude onde tamén se canalizarán as augas pluviais. Así mesmo, está prevista a execución dun sobreancho na propia estrada.

A segunda das obras aprobadas foi a mellora dos accesos ao núcleo de Castro (Lousame) por 62.163,99 euros. Unha actuación incluída no Plan de Mellora de Camiños Rurais 2023-2024 que permitirán dotar ao camiño de acceso a Castro dun novo firme e dun ancho constante de 3,5 metros. No treito que se corresponde con núcleo da aldea, onde vive unha vintena de persoas, demolerase o pavimento para despois ser nivelado con cinco centímetros de zahorra e a instalación dun pavimento de formigón de 15 centímetros. Neste tramo instalarase unha canalización para a recollida das augas pluviais con dúas arquetas e dous sumidoiros.

A terceira das obra a licitar é a mellora do lavadoiro de Lesende, orzamentadas en 40.946,38 euros e cun prazo de tres meses. Será  executará polo Concello de Lousame grazas ao convenio asinado o pasado 29 de novembro entre a alcaldesa, Teresa Villaverde, e a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez.

As obras consisten na substitución da cuberta por unha nova, a unha auga, a base de pilares, vigas e correas de aceiro sobre as que se colocará un taboleiro, placas onduladas de fibrocemento e tella cerámica do país. A maiores, tamén se pavimentará o espazo lindeiro mediante formigón desactivado.

Finalmente, o Concello de Lousame investirá 33.177,87 euros na pavimentación do núcleo de Guiende. As obras, cun prazo de execución máximo de seis meses, consiste na pavimentación con formigón de dous viarios, de 120 e 140 metros de longo. Unha actuación acometida con fondos propios que dá continuidade á pavimentación do camiño da Barreira a Guiende, realizada o pasado 2021.  

Post navigation

Previous: Esta fin de semana celébrase o XXII Concurso Cabalar Concello de Teo
Next: Melloras no Centro Social de Aspamite en Teo

Máis novas

FOLGA
  • Xeral

Lindeiros apoia a folga

ames bng cortes de luz 10 niovembro 2026
2 minutes read
  • Ames

Lanzan unha campaña para denunciar os cortes de luz en Ames

compostela informe icomos gargolas 10 novembro 2026
8 minutes read
  • Xeral

Veciños e asociacións valoran o informe de ICOMOS sobre as gárgolas do Hostal

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (835) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2705) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.