займ срочно

O Concello de Lousame presenta as actividades do Día das Letras Galegas

0

Lousame, 10 de maio do 2017 – O Concello de Lousame vén de presentar o “Maio Cultural”, unha programación especial co gallo da celebración das Letras Galegas 2017, dedicadas este ano á figura do escritor ourensán Carlos Casares.

O programa abrirase este sábado 13 de maio coa XV Festa do Galego, dirixida como cada ano aos máis pequenos da casa. Nesta ocasión, o Concello de Lousame realiza dúas propostas. que terán lugar na Casa da Cultura “Santeiros de Chave” (en caso de choiva, as actividades desenvolveranse no polideportivo municipal da Silva). Ás 11:00 horas terá lugar o obradoiro “Buscando a Carlos Casares”, no que nenos e nenas maiores de 6 anos participarán nun xogo de rastrexo para dar co autor ourensán.

Unha hora despois, ás 12:00 horas, chegarán os “Xogos do Paporrubio”, un compendio de xogos autónomos e animados de temática agraria. Durante unhas dúas horas, os pequenos, de 3 anos en adiante, terán que ir descubrindo como se xoga a algúns dos xogos tradicionais, ao tempo que coñecen pequenas historias contadas e cantada por uns animais da granxa feitos con xoguetes e monicreques.

Festival de Bandas

Para o domingo 14 de maio queda o Festival de Bandas de Música Xuvenís, que este ano contará coa participación das escolas de música de Cambados e de Lousame. O festival, aberto a toda a veciñanza, terá lugar a partir das 12:00 horas na praza Teodomiro Hidalgo de Portobravo.

O mesmo Día das Letras Galegas, tamén ás 12:00 horas, terá lugar a tradicional homenaxe a Diego Antonio Zernadas de Castro, máis coñecido como O Cura de Fruíme, no atrio da Igrexa de Fruíme. Un acto que este ano contará coa introdución de Xosé Manuel Rivas Troitiño, profesor asociado de Xornalismo na Universidade Complutense de Madrid e autor do libro “Diego A. Zernadas, un precursor del galleguismo”.

O venres 26 de maio, ás 21:00 horas, terá lugar a proxección do documental “Contando a Carlos Casares” na Casa da Cultura “Santeiros de Chave”. Un documental de 60 minutos de duración elaborado por Gonzalo Y. Veloso, que se achega á figura de Carlos Casares dende diversos puntos de vista. Entre algúns dos seus participantes figuran Xavier y Häkan Casares, Arcadio López Casanova, Marina Mayoral ou Basilio Losada.

O “Maio Cultural” do Concello de Lousame pecharase o sábado 3 de xuño, ás 18:00 horas, cunha nova sesión de Microteatro, na que participarán os grupos Tastarabás Teatro, Tic-Tac, Maimiñas e Teatro do Improvisto. Despois dos éxitos acadados en anos pasados, os actores e actrices cambiarán os “escenarios” da Casa da Cultura de Lousame ou das Minas de San Finx, polo espazo aberto do parque de San Lourenzo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies