Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Lousame

Cores de outono, un roteiro polo Río Vilacoba

Galicia Senderismo en colaboración co Concello de Lousame organiza, este sábado 28, unha ruta de sendeirismo polo Río Vilacoba que inclúe unha posterior visita ás minas de San Finx.
lousame-roteiro-polo-rio-vilacoba-slide-25-setembro-2019_r

Table of Contents

Toggle
  • Lousame, 25 de setembro do 2019 – Galicia Senderismo en colaboración co Concello de Lousame organiza, este sábado 28, unha ruta de sendeirismo polo Río Vilacoba que inclúe unha posterior visita ás minas de San Finx.
    • Percorrido

Lousame, 25 de setembro do 2019 – Galicia Senderismo en colaboración co Concello de Lousame organiza, este sábado 28, unha ruta de sendeirismo polo Río Vilacoba que inclúe unha posterior visita ás minas de San Finx.

A ruta polo Vilacoba repite o trazado visitado no mes de xullo e que contou con gran participación. A intención e disfrutar das diferenzas entre estacións e de aí o nome de Cores de outono.

roteiro río vilacobaA ruta ten unha extensión de 15 quilómetros, polo que a iniciativa desenvolverase entre as 9:30 e as 17:30 horas do sábado 28 de setembro. O prezo da ruta é de 12 euros e inclúe o bus de traslado a Toxosoutos e seguros. As inscricións poden facerse a través de www.galiciasenderismo.com. O número de prazas é limitado.

Percorrido

A expedición sairá ás 9:30 horas da praza do Concello de Lousame, a onde está prevista a volta ás 17:30 horas. Iso si, partirán en autobús ata o mosteiro de San Xusto de Toxosoutos, de onde sairá a ruta cunha pequena ascensión de 2 km ata o Monte Culou, onde poderán disfrutar dunha vista da ría de Muros Noia, para baixar outros 4 km ata a Ponte Vella do río Vilacoba.

“Esta ruta é sombría e fresca porque seguiremos o sendeiro do río disfrutando da espectacular contorna fluvial, salpicada de fervenzas, ata chegar á Ponte Gaiteira. Descubriremos os enxeños hidráulicos que forman parte da cultura popular do pasado: papeleiras, canles, muíños… conforman unha paisaxe fluvial cun sistema de aproveitamento ecolóxico da agua”, apunta Sindo Gandarela, presidente de Galicia Senderismo.

A ruta rematará na praza do Concello, dende onde os sendeiristas collerán os seus vehículos para desprazárense ata as Minas de San Finx, onde farán unha visita guiada polo seu museo. O xantar pode ter lugar no merendeiro das minas ou no propio restaurante de San Finx.

Post navigation

Previous: Obradoiro de comercio e banca electrónica para mulleres do rural de Ordes
Next: Volven os 12 doces de outono a Compostela

Máis novas

Veciños, políticos e estudiosos reivindican a Zernandas de Castro en Lousame
5 minutes read
  • Lousame

Lousame reivindica a Zernadas de Castro como precursor do galeguismo

lousame 8m
3 minutes read
  • Lousame

As voluntarias europeas de Lousame protagonizarán os actos do 8 de marzo

deputacion acordos lousame 13 febreiro 2026 (2)
2 minutes read
  • Lousame

Lousame e Deputación renovan o céspede artificial do campo de fútbol de Cabanetán

LOUSAME ENTROIDO 9 FEBREIRO 2026
3 minutes read
  • Lousame

Lousame recupera o Desfile de Disfraces de Entroido

lousame reunion alfonso rueda 12 xaneiro 2026
2 minutes read
  • Lousame

Reunión entre o Presidente da Xunta e o alcalde de Lousame

lousame orzamentos 2026 29 decembro 2025
5 minutes read
  • Lousame

Os orzamentos 2026 de Lousame eliminan as partidas dos partidos

lousame museo minas san finxs 21 outubro 2025
2 minutes read
  • Lousame

O Museo das Minas de San Finx premiado en Asturias

lousame cambio de alcalde slide 19 setembro 2025 (2)
5 minutes read
  • Lousame

Esteban Ares García toma posesión como alcalde de Lousame

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2830) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (832) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.