Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Lousame
  • Xeral

Lousame prepara a súa Festa de Entroido

O polideportivo Pilar Barreiro Senra acollerá o vindeiro sábado 10 de febreiro o tradicional Festival de Entroido do Concello de Lousame.
lousame-entroido-normal-21-febreiro-2022_r

Bisbarra, 2 de febreiro do 2024 – O polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra acollerá o vindeiro sábado 10 de febreiro o tradicional Festival de Entroido do Concello de Lousame.

A cita comezará ás 17:00 e durará ata as 20:30 horas. A festa de Entroido será amenizada este ano por Moc Moc, un clown musical que tamén traballa outras disciplinas tales como os malabares, a maxia e a música, a través dunha disco móbil.

No polideportivo haberá obradoiros de Entroido, xogos variados e inchables para os máis pequenos da casa, así como degustación gratuíta de orellas, filloas e chocolate con churros para todas as persoas que asistan. Así mesmo, repartiranse caramelos entre todos os nenos e nenas que acudan disfrazados. As familias que desexen participar deberán inscribirse gratuitamente en bandoticket.com.

Un ano máis, e van xa oito seguidos, non haberá concurso de disfraces, que será substituído por un divertido desfile. “Queremos que sexa unha actividade familiar, onde a xente participe e desfrute da festa, sen ter que andar pendentes dos premios do concurso nin dos cartos que cada un gasta no disfrace”, explica a concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo.

Para facilitar o acceso, o Concello de Lousame vai empregar o mesmo sistema utilizado no Festival de Reis: dirección única con entrada pola Fonte do Redullo e saída polo CPI Cernadas de Castro. Así, os pequenos poden quedar na festa mentres a persoa adulta aparca nunha das tres zonas dispoñibles na contorna: entrada do colexio, no campo vello de fútbol de Cruído ou na propia subida do Redullo (carril dereito). 

Post navigation

Previous: O XXIV Concurso de Disfraces do Pino celebrarase o  domingo 11 de febreiro
Next: Frades repartirá máis de 1.200 € en premios no Entroido

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.