Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Lousame
  • Xeral

Ecoloxistas en Acción tapona as verteduras da mina de San Finx

Ecoloxistas en Acción realizaron unha intervención na mina de San Finx na que taponaron o tubo polo que a mina verte augas contaminadas.
ecoloxistan-taponan-mina-san-finx-slide-7-xullo-2023-(2)_r

Bisbarra, 7 de xullo do 2023 – Ecoloxistas en Acción realizaron unha intervención na mina de San Finx na que taponaron o tubo polo que a mina verte augas contaminadas.

Nun comunicado o grupo ecoloxista explica que o fixeron “ante a falta de resposta e inoperancia da Administración da Xunta”. Lembran que por ese tubo da mina de San Finx vétense de forma constante augas contaminadas con altas concentracións de cadmio, cobre e zinc.Engaden que eses vertidos prodúcense a tan só 7 km da ría de Muros e Noia e o Lugar de Importancia Comunitaria do Esteiro do Tambre, en Rede Natura 2000.

Unha ducia de activistas penetráronse nas instalacións mineiras para colocar unha gran cortiza na canalización de soborde da balsa de decantación final, construída ilegalmente sobre o leito do río, e á que van parar tanto os achiques de mina procedentes, por gravidade, do interior da mina, como as augas en contacto cos vertedoiros de residuos.

Coa acción, a organización ecoloxista alerta non só sobre a contaminación actual, se non sobre a que se aveciña coa nova autorización de vertedura outorgada pola Xunta coa que a empresa mineira poderá verter por leste mesmo tubo case 1000 millóns de litros anuais procedentes das plantas de mina até agora alagadas.

Ecoloxistas en Acción e decenas de colectivos, incluíndo as confrarías de pescadores, demandaron á Xunta esta mesma semana que revogue de inmediato a autorización de vertedura, por incumprimento do condicionado, xa que a propia empresa anunciou ante a bolsa australiana que non dispón de financiamento para acometer as obras previstas e, moito menos, para asumir as consecuencias dun potencial desastre multimillonario.

Post navigation

Previous: Demandan transparencia na tramitación do Plan Xeral de Ordes
Next: Alcaldes: Alberto Romar, Santa Comba

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.