Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Lousame
  • Xeral

As voluntarias europeas de Lousame protagonizarán os actos do 8 de marzo

lousame 8m

Lousame, 05/03/2026 – O alcalde de Lousame, Esteban Ares, e a concelleira de Igualdade, Silvia Agrafojo, presentaron a programación especial con motivo do Día da Muller e que se desenvolverá do 6 ao 8 de marzo.

Un amplo programa para “reivindicar a igualdade de xénero e que as mulleres teñen que ter as mesmas oportunidades e os mesmos dereitos cos homes, independentemente da súa raza, da súa procedencia, dos seus ingresos ou da súa profesión”, asegura o alcalde lousamián, para que “o 8 de Marzo é unha data que hai que reivindicar todos os anos ata acadar esa igualdade real”.

Unha programación que terá como prato forme unha mesa redonda, denominada “A muller en Europa”, que terá lugar no salón de plenos do Concello o sábado 7 de marzo, ás 12:00 horas. Unha iniciativa especial e que “ningún outro concello en Galicia pode facer porque só Lousame conta con voluntariado Europeo, Sénior e Xuvenil, mulleres que contarán as súas experiencias e as doutras mulleres noutros países e culturas”, salienta Silvia Agrafojo.

O técnico de Voluntariado de Lousame, Xosé Manuel Outeiral, adianta que nesa mesa redonda estarán presentes “varias voluntarias europeas que estiveron en Lousame durante os últimos anos e que analizarán o papel da muller en países como Rusia, Armenia, Bulgaria e Turquía, ademais de sumar tamén a perspectiva de voluntarias sénior e xuvenís que se desprazaron a outros países e que tamén nos contarán a súa experiencia e como viron o papel da muller nesas sociedades”.

Programa 2026

Esta mesa redonda é tan só unha das cinco actividades programadas polo Concello de Lousame para conmemorar o Día da Muller. Un programa que arrincará o venres 6 de marzo, ás 12:00 horas, coa tradicional lectura do manifesto institucional na praza do Concello.

O sábado 7 de marzo, ás 11:00 horas, a Casa da Cultura de Lousame acollerá un obradoiro de lactación materna ofrecido por Alicia Conde. Unha iniciativa incluída no programa de fomento da natalidade do Concello de Lousame e que busca resolver dúbidas a aquelas mulleres que opten por esta opción durante os primeiros meses de vida do neno ou da nena. As 20 prazas dispoñibles xa están cubertas, se ben “se hai algunha nai ou futura nai de Lousame que desexe participar, pode facelo chamando á Casa da Cultura, que lle faremos un oco”, apunta Silvia Agrafojo.

Despois da mesa redonda, ás 13:30 horas terá lugar a inauguración da exposición “As Mulleres na Biblia”, cedida pola Fundación Museo de Artes de Ribeira e que poderá contemplarse na sala de exposicións municipal da Casa da Cultura. Será inaugurada polo alcalde de Lousame, Esteban Ares García.

A programación especial do Día da Muller rematará o domingo 8 de marzo coa posta en escena da obra “Todas temos a mesma historia”, unha peza inspirada en textos de Darío Fo e Franca Rame que, a través de tres momentos no tempo convida ao público a reflexionar sobre a realidade das mulleres ao longo de tres décadas pasadas e o mundo de hoxe en día. Será ás 19:00 horas no auditorio da Casa da Cultura.

Post navigation

Previous: Frades adianta ao venres as actividades conmemorativas do Día da Muller
Next: Teo conmemora o 8M cunha mesa redonda sobre o teito de cristal

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.