Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Entroido
  • Lousame
  • Xeral

O festival de Entroido de Lousame celebrarase o vindeiro día 19

O polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra de Lousame  acollerá o vindeiro domingo 19 de febreiro o tradicional Festival de Entroido.
lousame-entroido-slide-3-febreiro-2023_r

Bisbarra, 3 de febreiro do 2023 – O polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra de Lousame  acollerá o vindeiro domingo 19 de febreiro o tradicional Festival de Entroido.

A partir das catro e media da tarde terá lugar o festival de Entroido amenizado pola música en directo da man dos cantantes das orquestras máis recoñecidas de Galicia: Óliver Escobar, da París de Noia; Néstor Peña, da Olimpus; e Diego Moreira, da Panorama.

O festival mantén o exitoso modelo dos últimos seis anos, polo que non haberá concurso de disfraces, que pasará a converterse nun divertido desfile. “Queremos que sexa unha actividade para desfrutar en familia. Que a xente veña a divertirse e desfrutar do festival sen andar pendentes dos cartos que hai que gastar no disfrace para o concurso”, apunta a concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo.

O Festival de Entroido de Lousame ofrecerá xogos, inchables e obradoiros de Entroido para os máis pequenos da casa, así como degustación gratuíta de orellas, filloas e chocolate con churros para todas as persoas que asistan. Ademais, haberá caramelos para todos os nenos e nenas que asistan disfrazados.

As familias que desexen participar deberán inscribirse gratuitamente en bandoticket.com. Para facilitar o acceso, o Concello de Lousame vai empregar o mesmo sistema empregado no Festival de Reis e nos campamentos dos últimos anos: dirección única con entrada pola Fonte do Redullo e saída polo CPI Cernadas de Castro. Deste xeito, os pequenos poden quedar na festa mentres a persoa adulta aparca nunha das tres zonas dispoñibles na contorna: entrada do colexio, no campo vello de fútbol de Cruído ou na propia subida do Redullo (no carril dereito).  

Post navigation

Previous: Anos esperando por unha parada de bus
Next: Brión leva o desfile de Entroido ao Parque do Lamiño

Máis novas

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Casa Consistrorial de brion
2 minutes read
  • Xeral

A Festa dos maiores de Brión abre un novo debate

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.