Lousame, 1 de febreiro do 2021 – A corporación local do Concello de Lousame da luz verde por unanimidade ao plan de investimento provincial en obras e gasto social.
A Deputación provincial asignou ao Concello de Lousame os dous plans cerca de medio millón de euros dos que unha parte servirán tamén para gasto corrente.
Plan de Obras e servizos
No POS de Obras e servizos Lousame conta cunha achega provincial de 379.414,95 euros. O concello destinará parte dos cartos aos seguintes proxectos:
Pavimentación acceso en Abelendo e camiño de Barreira-Guiende (36.764,77 euros). Mellora do trazado do viario á Escabia (153.925, 52 euros). Pavimentación viarios en núcleo de Vilar (Tállara) (importe 33.881,45 euros)
Asemade, a través da financiación provincial, o Concello de Lousame tamén recibirá 154.743,21 euros para gastos correntes. Por outra banda, no proxecto complementario elaborado ao abeiro deste POS + 21, o grupo de goberno municipal presentou as seguintes propostas:
Camiño de Cruce de Peital a Fruíme (70.665,52 euros). Camiño Quintáns-Horta-Cairo (68.296,31 euros). Camiño Camporedondo- Fontefría (35.470,76 euros). Pavimentación camiño en Cerquides (38.023,46 euros)
Gasto Social
Debido a pandemia a Deputación habilitou tamén un Plan especial destinado a gasto social que aportará a Lousame un total de 116.065,44 euros.
Estes fondos empregaranse para incrementar as axudas as persoas maiores e persoas dependentes, así como para axudar ás familias en risco de exclusión coa escolarización e dotación de medios dixitais dos seus fillos. Esta cantidade tamén permitirá a adquisición de medios de prevencións contra a Covid-19, entre outros..
Mocións
Na sesión plenaria do 29 de xaneiro o grupo popular presentou unha moción para impulsar medidas para reducir o prezo da luz. A proposta que foi aprobada cos votos en contra dos concelleiros do PSOE pasa por buscar unha rebaixa dos gravámenes que afectan a esta facturación.
Neste pleno tamén saíu adiante unha moción conxunta dos tres grupos para atender as demandas dos emigrantes retornados co obxectivo de dirixirse ao Goberno estatal en defensa das súas reclamacións.