Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Lousame
  • Xeral

Lousame aproba os Orzamentos para 2025

lousame orzamentos NORMAL 22 xunho 2025

As contas de Lousame medran ata os 4 millóns de euros e destinan máis do 29% a servizos sociais. Investirán 1,1 millóns de euros “para manter os servizos básicos”

O pleno de Lousame aprobou, en sesión extraordinaria, os Orzamentos Municipais para 2025. Unhas contas que medran ata os 4.006.077,10 euros, un 7,15% máis que en 2024 (3.738.807,97 euros).

Ao igual que o ano pasado, as contas foron aprobadas cos votos a favor do Partido Popular e os votos en contra de PSOE e BNG. A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, explicou que se trata dun “orzamento garantista, no que máis do 29% está destinado a gasto social, para atender as necesidades da veciñanza.

O voceiro socialista, Juan José Prego, xustificou o seu voto en contra en que “é un calco do orzamento do ano pasado”, preguntando por que se tardara tanto en presentalos. Unha cuestión á que a alcaldesa contestou lembrando que “nós presentamos alegacións á taxa do lixo e non tivemos resposta”, e que o Concello está a traballar na realización do primeiro censo de vivendas con seaneamento.

Pola súa banda, o voceiro do BNG, Anxo Moledo, cualificou os orzamentos de “malos e continuistas”, lamentando que non se celebrara unha xuntanza de voceiros antes da sesión plenaria.

Orzamentos

Villaverde salientou que o Concello destina 1.167.353 euros para o mantemento de servizos como o Centro de Día, o Punto de Atención á Infancia ou o Servizo de Axuda no Fogar, tanto na modalidade de dependencia como de libre concorrencia.

Tamén fixo especial fincapé no complicado que resulta para unha pequena administración ter que cubrir competencias que lle son impropias, poñendo como exemplo a ausencia da achega do Goberno de España á financiación do Servizo de Axuda no Fogar, e o gasto que supón para municipios sen núcleos urbanos grandes e coa poboación dispersa.

Teresa Villaverde explicou que “Temos 83 núcleos en 92 quilómetros cadrados e prestar os servizos custa o triplo do que custa noutros concellos” e puxo como exemplo as actuacións de saneamento: “para levar o saneamento a seis persoas, temos que gastar o mesmo que un gran concello en dar servizo a 300 ou 400”. Aínda así, Lousame cumpre coas tres regras fiscais: estabilidade, regra de gasto e límite de débeda.

Investimentos reais

O capítulo 6 do Orzamento de gastos ten consignados investimentos por un importe de 797.017,03 euros, un 10,8% máis que o orzamento de 2024, dos que máis de 470.000 euros se destinan a proxectos de pavimentación de camiños e melloras de accesos e núcleos de aldeas.

Os orzamentos de 2025 contemplan seis proxectos de mellora de accesos a núcleos de poboación: pavimentación interior en Chave (54.740,02 euros), mellora da pista de acceso a Capelo dende a AC-308 (69.448,70 euros), pavimentación do núcleo de Cairo (139.419.10 euros), mellora do acceso a Pascual (36.824,63 euros), mellora de viario a Agriño (57.601,95 euros) e dos accesos a Valdueira (Berrimes, 48.399,27). Tamén se contempla a mellora dun viario en Ces (31.677,88 euros) e dunha pista de Marracín de Arriba a Sanguiñal (34.778,12 euros), así como unha obra de saneamento en Gandarela (33.431.25 euros).

Haberá un importante investimento en materia deportiva, cos 180.565,18 euros dos vestiarios do campo de fútbol da Silva e os 59.905,68 euros da renovación do sistema de auga quente sanitaria no polideportivo municipal Pilar Barreiro.

En infraestruturas culturais, destinaranse case 25.000 euros a mellorar o equipamento cultural e renovar os focos do escenario do auditorio municipal. Teresa Villaverde tamén fixo fincapé nos 18.453,47 para a mellora da eficiencia enerxética no local social de Cruído, que permitirán impermeabilizar a fachada do inmoble, moi afectado polas humidades nos últimos anos.

Por outra banda, o capítulo de gasto corrente mantense. con 1.431.226,65 euros,  1,3% máis ca en 2024. Uns cartos destinados ao mantemento dos distintos servizos que presta o Concello de Lousame aos seus veciños e veciñas e que inclúe o abastecemento de auga, o saneamento, o centro de día, instalacións deportivas, alumeado público… Finalmente, o gasto en persoal suma 1.378.987,31 euros, 25.000 euros máis que no exercicio anterior.

Modificacións de crédito

Acto seguido, e cos acordes da música do concerto da Banda de Música de Lousame e o Conservatorio de Noia resoando no salón de plenos, aprobáronse tres expedientes de modificación de crédito. Todos eles saíron adiante cos votos a favor do Partido Popular e as abstencións do PSOE e do BNG.

O Pleno aprobou un suplemento de crédito de 52.291,20 euros con cargo ao remanente de tesourería para gastos xerais, para financiar a achega municipal ao convenio asinado coa Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas para mellorar o espazo público viario de Camboño. Unha actuación enmarcada no Plan Hurbe e que suporá un investimento de 385.000 euros para a mellora funcional do espazo público viario e da zona de esparexemento cotiá dos veciños desta localidade.

O segundo suplemento de crédito, de 29.073,59 euros e financiado con cargo a baixas noutras partidas, recolle catro actuacións incluídas nos Orzamentos de 2025: o equipamento cultural, a pista de Fruíme a Silvarredonda, o acceso a Valdueira de Berrimes e o saneamento en Gandarela.

O terceiro modificativo de crédito, tamén financiado con cargo a baixas noutras partidas, permitirá destinar 13.801,31 euros a melloras dos equipos informáticos do Concello.

Post navigation

Previous: As bicicletas son para o verán e Santiago para congresos
Next: Acusan ao goberno de Ames de ter un acordo encuberto co PP

Máis novas

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

mancomunidade ordes saida patrimonio 5 novembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Nova saída para coñecer a Mancomunidade de Ordes

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Sesión constitutiva IX Lexislatura
3 minutes read
  • Xeral

Os colexios seguen pedindo reformas

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.