Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Lousame
  • Xeral

O Museo das Minas de San Finx reabre as súas portas

lousame-visitas-minas-de-san-finx-slide-12-xaneiro-2018-(4)_r

A incorporación dunha técnica municipal permitirá ter aberto o espazo museístico todo o ano de mércores a venres, en horario de mañá, e sábado e domingo, en horario de mañá e de tarde

Ao marxe dos problemas medioambientais e a resolución que poidan ter as minas de San Finx é parte da historia de Galicia. Unha historia que pode coñecerse no Museo situado no antigo poboado dos traballadores da mina.

Despois de estar pechado durante o inverno o museo do poboado mineiro das minas de San Finx abre de novo as súas portas ao público, tras a incorporación esta mesma semana dunha técnica municipal que se encargará de atender ás visitas.

As instalacións recuperan o seu horario habitual e abrirán en horario de mañá (de 10:00 a 14:00 horas) todos os mércores, xoves e venres. Os sábados e domingos haberá atención tanto en horario de mañá (10:00 a 14:00 horas) como de tarde (16:00 a 19:00 horas). As instalacións estarán pechadas os luns e os martes.

A maiores, o Concello de Lousame informa dun horario especial para a próxima semana, coincidindo coa celebración da Semana Santa. Así, o museo abrirá as súas portas o mércores 16 de abril e o sábado 19 de abril de 10:00 a 14:00 horas, mentres que o xoves 17, o venres 18 e o domingo 20 de abril a apertura será de 10:00 a 13:30 horas e de 16:30 a 19:00 horas. O luns e o martes estará pechado.

Visitas

A visita é libre, salvo para grupos de máis de 10 persoas nos que é preciso reservar praza chamando ao 981 829 494 ou enviando un correo electrónico a museominasdesanfinx@gmail.com. Aínda que as visitas se adaptan as dispoñibilidades de tempo do grupo, adoitan durar entre hora e hora e media.

A entrada ao complexo museístico ten un prezo de 2 euros, para persoas entre os 6 e os 64 anos, cunha tarifa reducida de 1 euro para persoas empadroadas en Lousame e grupos de escolares. A entrada é totalmente de balde para menores de 5 anos e persoas maiores de 65 anos.

As persoas que se acheguen polo poboado mineiro contarán co asesoramento e guía da técnica do Museo das Minas de San Finx, que lles dará a coñecer tanto a historia das minas como a súa evolución ao longo dos anos, así como o traballo realizado polo Concello de Lousame para rehabilitar e poñer en valor este patrimonio.

A visita inclúe un percorrido polo centro de interpretación, onde se pode ver tanto unha maqueta a escala das minas como distinta documentación e trebellos relacionados coa traballo das minas e coa época, dende o propio wolframio ata teléfonos antigos, peneiras, imaxes antigas…

Tamén se visitan os distintos inmobles do poboado mineiro (edificio de compresores, enganche eléctrico, armazón do pozo novo…) onde se poden contemplar os equipos que se utilizaban na extracción do mineral, algúns deles en perfecto estado de uso como compresores, cabrestantes, forno de fundición de estaño, etc.

Un total de 960 persoas visitaron o poboado mineiro das minas de San Finx durante o ano 2024.

Post navigation

Previous: As melloras na estrada da Baña a Santa Comba por Val do Dubra máis cerca
Next: As peticións de inhabilitación para a propietaria da Mina de Touro podería paralizar o proxecto

Máis novas

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

mancomunidade ordes saida patrimonio 5 novembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Nova saída para coñecer a Mancomunidade de Ordes

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.