Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Noia

Lolo Penas e Paula Mayobre vencen na XXII Carreira Pedestre Popular de Noia,

NoiaSaidaAbsoluta-slide_r

Saía da carreira

Table of Contents

Toggle
  • Noia, 3 de setembro do 2018 –  Os atletas Lolo Penas e Paula Mayobre gañaron a XXII Carreira Pedestre Popular de Noia, desputada na noite do sábado e na que tomaron parte máis de seiscentos atletas.
    • Clasificacións

Noia, 3 de setembro do 2018 –  Os atletas Lolo Penas e Paula Mayobre gañaron a XXII Carreira Pedestre Popular de Noia, desputada na noite do sábado e na que tomaron parte máis de seiscentos atletas.

Lolo Penas

Penas Blanco impúxose na Pedestre con moita claridade cun tempo de 25 minutos e 52 segundos, cun ritmo de 3 minutos e 13 segundos por quilómetro. O segundo clasificado foi José Lojo, que chegou á liña de meta instalada da Alameda catorce segundos despois, cun tempo de 26 minutos e 6 segundos. Completou o podio Rubén Caamaño Nieto, do Club Atletismo Sar-Vermú Petroni, cun tempo de 26 minutos e 12 segundos. A carreira foi controlada dende o principio por Lolo Penas, que se mantivo á fronte da proba en todo momento. No primeiro paso pola liña de meta encabezaba un grupiño de cinco corredores que foi descolgando na segunda volta, ata entrar en solitario.

Paula Mayobre

Paula Mayobre, gañadora da proba en edicións anteriores, foi a gañadora da categoría feminina cun tempo de 27 minutos e 56 segundos, cun ritmo de 3 minutos e 29 segundos por quilómetro. A atleta do Club Atletismo Clínica Dental Seoane, que encabezou a súa categoría dende a propia saída, chegou no noveno posto da clasificación xeral absoluta. Completaron o podio feminino María Jesús Gestido Rodríguez, que entrou no posto 22 da xeral cun tempo de 29 minutos e 32 segundos. O terceiro posto foi para Rocío Alvite Ferreiro que, cun tempo de 29 minutos e 49 segundos, logrou o 31 posto da xeral. Os tres primeiros clasificados, masculino e feminina, da proba absoluta recibiron cadanseu trofeo e un premio en metálico de 300, 175 e 125 euros, respectivamente.

Clasificacións

NoiaAbsolutaFeminina-normal_r
Absoluta feminina
NoiaAbsolutaMasculina-normal_r
Absoluta masculina
NoiaEquipos-normal_r
Absoluta equipos

Na clasificación por equipos, o gañador foi o Atletismo Sar-Vermú Petroni, seguido polo Atletismo Fontes do Sar e polo Club Atletismo Noia (CAN), coorganizador da proba. Levaron cadanseu premio en metálico de 200, 100 e 75 euros, respectivamente. Os premios aos mellores atletas locais foron para Juan Ramón Balderrábano Mayo (Club Atletismo Noia) e María González Martínez (Orixinal MGM Team), que chegaron en 8º e 64º postos, respectivamente. Pódense consultar todas as clasificacións en: http://emesports.es/event/xxii-carreira-pedestre-popular-de-noia/

Os premios, tanto das categorías absoluta como escolares, foron entregados polo alcalde de Noia, Santiago Freire; o concelleiro de Deportes, Ramón Santos; o veterano atleta Federico Bueno; Berto Picón, da empresa Moon Off; Alejandro Seoane, de Ferretería Tucho; e Montse Suárez, de Óptica Ollos.

Noia atletas locais

O alcalde de Noia, Santiago Freire, foi o encargado de dar a saída á proba absoluta, así como de homenaxear a un dos creadores da proba, Federico Bueno. Freire salientou que o 2018 está a ser un ano de moitas conmemoracións: “comezamos e seguimos coa celebración do 850 aniversario da fundación da nosa vila e agora conmemoramos que hai 40 anos nacía unha das probas máis senlleiras do atletismo na provincia”.

Pola súa banda, Ramón Santos agradeceu “o traballo feito por todos os que ficheron posible celebrar o 40 aniversario da nosa proba máis senlleira: Protección Civil de Noia, Cruz Vermella de Noia, asociación moto turística ría de Noia, Club Atletismo Noia, Ezequiel Mosquera e por suposto a todas as persoas participantes por facernos desfrutar dunha noite única”.

Saía da carreira

Post navigation

Previous: Éxito de público na Festa da Froita de Lousame
Next: A biblioteca de Ordes renóvase con 250 libros

Máis novas

Un investimento de máis de corenta mil euros permitirá a conexión de Balbargos coa rede municipal.
2 minutes read
  • Xeral

Noia leva a rede municipal de auga a Balbargos

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

noia harp fest 2026 (2)
5 minutes read
  • Xeral

Comeza o Noia Harp Fest

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Responsables do goberno municipal de Noia nos xardíns de Felipe Castro
2 minutes read
  • Xeral

Noia reabre os Xardíns de Felipe de Castro

Tramo da autovía entre Brión e Urdilde, imaxe de google maps
2 minutes read
  • Xeral

O primeiro desdobramento da autovía Brión Noia no 2027

Cartel do Sancosmeiro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Festa do Sancosmeiro 2026

Obras no lugar de Albariza en Noia
1 minute read
  • Xeral

Albariza en Noia mellora o saneamento e abastecemento

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.