Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ordes
  • Xeral

Loita contra a violencia de xénero na Mancomunidade de Ordes

O Centro de Información á Mulleer, CIM, da Mancomunidade de Ordes  reforza a coordinación interinstitucional fronte á violencia de xénero

MANCOMUNIDADE ORDES VIOLENCIA DE XENERO 10 FEBREIRO 2026

A loita contra a violencia de xénero segue sendo necesaria. Cando máis se loita parece que máis casos aparecen. Xa sexa pola razón que sexa o certo é que só queda seguir con máis forza.

A Mancomunidade de Ordes, a través do Centro de Información á Muller (CIM), realizou unha Xuntanza para o impulso das Mesas Locais de Coordinación Interinstitucional fronte á Violencia de Xénero.

A actividade constou de dúas sesións celebradas no centro Isabel Zendal de Ordes. No transcurso dos encontros  realizouse unha revisión dos obxectivos acadados dende a posta en marcha da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional fronte á violencia de xénero da Comarca de Ordes, constituída en abril de 2024.

Fíxose tamén unha actualización do plan de traballo nas anteriores sesión realizadas para a creación da MLC e identificáronse novas necesidades e dificultades detectadas polas persoas representantes dos distintos ámbitos (social, sanitario, educativo e xurídico) das Forzas e Corpos de Seguridade.

Do mesmo xeito, abordouse un modelo de acordo de actuación fronte á violencia de xénero que se considere posible e desexable implementar na comarca.

A acción foi organizada pola Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero da Xunta de Galicia, no marco do acordo de colaboración asinado coa FEGAMP para a conformación dunha Rede de entidades locais contra a violencia de xénero.

A loita ten que partir do local, co apoio do resto de institucións e ámbitos. Só na proximidade poden detectarse os problemas, as eivas e as solucións. A Mancomunidade de Ordes da pasos que deberían ser copiados.

Post navigation

Previous: Un mal menor para os CSC de Compostela
Next:  O Noia Harp Fest celebrarase o do 29 de xullo ao 1 de agosto

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.