Vedra, 20 de xullo do 2017 – O concello de Vedra programa ao longo do verán un ciclo de cine que leva o nome de 4×4 e que ofrece 4 películas, en 4 parroquias e en 4 venres.
Mañá o ciclo chega ao campo da festa de San Mamede de Rivadulla as dez e media da noite coa película Lobos Sucios de Simón Casal.
Lobos sucios e unha película do ano 2015 que narra unha historia ambientada nas minas de volframio explotadas polos nazis en Galicia durante a II Guerra Mundial. Unha muller que traballa na mina vese implicada nunha sabotaxe para salvar a súa filla enferma.
Lobos sucios foi a opera prima de Simón Casal, está baseada nunha idea orixinal de Felipe Rodríguez e ten guión de Carmen Abarca. A película foi producida polos galegos de Agallas Films, os belgas de Left Field Ventures e os cataláns de Dream Team Concept e contou co apoio da TVG, RTVE e TV3.