Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Liorta xudicial por conta dos eólicos

A Fiscalía galega abre dilixencias de investigación polos cambios efectuados nas seccións do TSXG, presuntamente relacionados cos proxectos eólicos

Imaxe dunha manifestación en contra de proxectos eólicos

Lindeiros, 2/06/2026 – A Fiscalía Superior de Galiza vén de comunicar a varios membros da Coordinadora Eólica Así Non que abriu dilixencias de investigación preprocesual polos cambios realizados nas Seccións do contencioso-administrativo do TSXG.

Sobre a mesa unha acusación de presunto delito de prevaricación. A Fiscalía tamén comunica que dá traslado das denuncias dos colectivos e da documentación á Fiscalía do Tribunal Supremo ao non poder investigar ás persoas denunciadas pola súa condición de aforadas ante a Sala Segunda do Supremo; correspóndelle ao Alto tribunal do Estado continuar coa tramitación das dilixencias de investigación.

Esta notificación da Fiscalía é froito a denuncia presentada hai unhas semanas por unha vintena de colectivos da Coordinadora Eólica Así Non. Estas asociacións requirían ao ministerio fiscal que investigase se a decisión da nova presidenta da Sala do Contencioso-Administrativo, Azucena Recio, de mudar os litixios eólicos da Sección Terceira á Segunda do Contencioso-Administrativo do TSXG, puidera ser constitutiva dun delito de prevaricación dos previstos no artigo 446 do Código Penal.

Estes cambios de competencias sobre proxectos eólicos e liñas de alta tensión fixéronse sen mudar as normas de reparto do alto tribunal galego. Este cambio, ademais, entra abertamente en contradición co rexeitamento previo por parte da Sección Terceira de inhibirse nas súas competencias a favor da Segunda ante as solicitudes formuladas pola Xunta de Galiza e por empresas do sector co-demandadas.

Para a Coordinadora Eólica Así Non, “as alteracións arbitrarias no reparto de asuntos -feitas en paralelo ao traslado de maxistrados e maxistradas da Sección Terceira da Sala do Contencioso – aplicáronse para satisfacer o interese expresado pola Xunta de Galiza e empresas do sector eólico nos procesos relativos ás autorizacións de liñas eléctricas”.

Estas decisións que afectan ao Contencioso-Administrativo motivaron tamén que os colectivos denunciantes presentaran tamén escritos de queixa diante das presidencias do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) e do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) que aínda non recibiron resposta.

Os Colectivos da Coordinadora que presentaron es escrito de denuncia na Fiscalía foron os seguintes: ADEGA, CIG, SLG, FRUGA, ORGACCMM, ACOUGA, Amigas da Terra, Asociación Vento Libre, Asociación Fonte Seca, Asociación Tarabelada, A.C.I.B.A.L. (Amil Sen Eólicos e Colectivo do Vento), Plataforma Eólicos no Morrazo Non, Cerdido Di Non, Ortegal Di Non, Asociación de Veciños/as do Couzadoiro, Asociación Lobo, Nova Escola Galega, Amigos do Patrimonio de Castroverde, Asociación Veciñal Agra de Orzán.

Post navigation

Previous: XII da Maker Faire Galicia
Next: 15 concertos na Festa da Música da Deputación

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.