Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

O máis lido en Lindeiros do 22 ao 26 de setembro do 2025

o mais lido lindeiros 22 a 26 setembro 2025

Cada fin de semana repasamos o máis lido en Lindeiros nos cinco primeiros días da semana. Aquí tes as novas que máis interesaron do 22 ao 26 de setembro.


As novas máis lidas esta semana en Lindeiros van de preocupacións lóxicas a interese pola festa e a cultura. No primeiro destaca entre outras a sentencia que condena á empresa municipal Augas de Ames e obriga ao concello a pagar 15.000 euros como indemnización por  vulnerar os dereitos sindicais. Será recorrida segundo o concello así que é unha historia sen rematar.

Unha das romarías máis tradicionais, a estrela do mes de setembro, Santa Minia ten hoxe sábado o seu día grande e xa hai tempo que as procuras dos usuarios inclúen a programación. Hoxe a contorna da carballeira de Santa Minia, xa que a propia carballeira segue con coidados paliativos, encherase de xente e políticos. Momento para ver e deixarse ver e sobre todo comer e mesmo bailar.

Hoxe tamén o Museo do Pobo Galego clausura a exposición “Cantareiras”, mulleres ás que debemos a transmisión oral dun patrimonio que debemos coidar e ampliar. O punto e final o porá o espectáculo “586 cantos” a partir das oito da tarde.

Touro es as decisións do novo goberno son obxecto de escrutinio por parte dos lectores, Desde antes da toma de posesión están baixo o foco e segue sendo do máis lido. Como tamén e do máis lido, xa desde hai dúas semanas, o proxecto de planta de biogas en Trazo da que polo momento pouco máis se sabe.

Condenan a Augas de Ames por vulnerar o dereito a liberdade sindical
Brión presenta a Santa Minia 2025
Touro define o camiño a seguir
“586 cantos” Clausurará a exposición “cantareiras” no Museo do Pobo
O proxecto da planta de biogas de Trazo chega ao pleno

Post navigation

Previous: Proxecto pioneiro da Deputación en colaboración coa AVV Sandra Prego Rial
Next: Clausura do Programa Integrado de Emprego Dodro 2024-25

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.