Cada fin de semana repasamos o máis lido en Lindeiros nos cinco primeiros días da semana. Aquí tes as novas que máis interesaron do 9 ao 13 de xuño.

Esta semana tivo unha certa repercusión ao encontro mantido entre o alcalde da Baña e os madeireiros. O goberno municipal sacou unha normativa que regula as talas, unha das preocupacións da veciñanza sobre todo por como quedan as pistas tras o paso da maquinaria.
A educación segue presente entre o mais lido e esta semana foron os pais do colexio de Brión os que piden máis recursos, e unha vella reivindicación que non acaba de ter resposta. Por outra banda en Padrón o alcalde perdeu a moción de confianza vinculada aos orzamentos aínda que era o que se esperaba. Tamén se espera que non se presente ningunha moción de censura e as contas ssexan aprobadas de forma automática.
No eido cultural duas citas forn do mais lido. Por unha banda Altamira Brilla, un evento q ue desde hai uns anos pon en valor as Torres de Altamira en Brión que xa o merecían aínda que só sexa polas veces que foron derrubadas e voltas a construír ao longo da historia. A segunda cita é hoxe sábado en Área Central coa XI Maker Faire, un espazo que sempre sorprende e que marca en moitas ocasións o que virá en canto a tecnoloxía e emprendemento.