Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Polémica sobre a liña de bus de Ortoño, en Ames, sen unha solución para os veciños

A desaparición da liña de bus que daba servizo as parroquias de Bugallido, Biduido e Ortoño en Ames segue sen ter solución
ames-reunion-bus-ortonho-slide-normal-21-xaneiro-2021_r

Table of Contents

Toggle
  • Ames, 21 de xaneiro do 2021 – A desaparición da liña de bus que daba servizo as parroquias de Bugallido, Biduido e Ortoño en Ames segue sen ter solución mentres os políticos se pasan a pelota uns aos outros.
    • Antecedentes
    • Reunión cos veciños
    • “Censura” ao PP

Ames, 21 de xaneiro do 2021 – A desaparición da liña de bus que daba servizo as parroquias de Bugallido, Biduido e Ortoño en Ames segue sen ter solución mentres os políticos se pasan a pelota uns aos outros.

A Xunta emprazou a Ames a buscar acordos con Santiago. Santiago está disposto a repoñer a liña se non a ten que pagar. Agora o concello de Ames solicitará a Xunta que estableza unha liña directa con Santiago co que o debate volve ao punto inicial sin que se vexa unha solución a curto ou medio prazo.

Antecedentes

Desde o Concello de Ames infórmase que a liña, no ano 2017, tivo un anteproxecto para ser licitada por parte da Xunta de Galicia. Tras as alegacións presentadas polo Concello de Santiago, opoñéndose a dita licitación, a Xunta decidiu non proceder a súa aprobación aínda que no texto da resolución tampouco considerou procedentes as alegacións de Compostela.

As alegacións realizadas polo Concello de Ames para a mellora do traxecto nunca foron contestadas e o servizo seguiuse prestando coa liña P2 de transporte urbano de Santiago de Compostela ata o pasado mes de decembro.

Reunión cos veciños

O goberno municipal de Ames mantivo reunións coa Dirección Xeral de Mobilidade e co concello de Santiago. Tras eses encontros reuniuse este mércores cos veciños de Bugallido, Biduido e Ortoño para explicar a situación.  De esta xuntanza saíu o acordo  de presentar unha moción para a reactivación da liña de transporte e que buscará o consenso de toda a Corporación municipal e solicitarlle á Xunta de Galicia, como Administración competente do transporte público, a instauración dunha liña directa con Santiago.

O rexedor municipal explica que “non ten sentido que se nos obrigue a asumir o transporte de Ortoño, Bugallido e Biduído porque a Xunta non tivese contemplado dito contrato na nova licitación que acaba de aprobar e poñer en marcha. O Concello non vai a asumir máis competencias impropias e que supoñan preto de 80.000 euros ao ano”.

“Censura” ao PP

Por outra banda o pasado sábado o Partido Popular anunciaba en nota de prensa  que levaría ao seguinte pleno unha moción para debater este problema. Os populares propoñían a firma dun convenio entre Santiago e Ames coa participación da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade. Eles consideran que o concello podería costear a liña, eses 80.000 euros, por ter un Remanente de Tesouraría de 8.313.233,75 €, según o informe de Intervención e Secretaría de 5 de outubro pasado e no que consta tamén un superavit de 1.274.543,70€.

Despois da decisión do goberno municipal de levar a súa propia moción ao pleno o PP denuncia que a súa foi “censurada”. A proposta, din, foi “presentada en tempo e forma, pasou pola Xunta de Voceiros e de ser aprobada na sesión plenaria do vindeiro xoves 28 daría luz verde á restitución da liña P2 entre Santiago e Ortoño e vía libre para buscar melloras tanto no trazado como nas paradas”.

Post navigation

Previous: Suspéndense os atranques dos Xenerais do Ulla
Next: Alegan contra os orzamentos do Pino por vulnerar o ordenamento xurídico

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.