O reportax en esta ocasión está adicado a A libraría Couceiro. Abriu no ano 1969 na Rúa de San Pedro, de alí pasou no ano 75 a República del Salvador e no 95 abriuse un segundo local na rúa do Hórreo; xa no 2007 trasládanse a praza de Cervantes onde ocupan todo un edificio.
O negocio naceu grazas ao inconformismo do pai de Pablo Couceiro, o actual propietario “o meu pai era comercial aínda que non lle gustaba o sector no que traballaba, pensou que o que mellor facía era ser comercial e pensou tamén que cousa lle gustaban e xuntando todo decidiuse por poñer a librería”. Pablo viviu en primeira persoa os cambios sufridos polo negocio e recorda moitos veráns nos que as vacacións pasaban participando en feiras de libros “creo que sufriu unha evolución moi grande, cando abriu era unha
libraría xeralista que vendía de todo e pouco a pouco foi mudando ata chegar a unha especialización. Este sitio pode dar a impresión de non selo ao ser tan grande pero a verdade é que existe esa especialización en libro galego, antigo e de ocasión. Ocorre que estamos na entrada do Camiño de Santiago e, polo volume de xente que entra, iso nos obriga a ter algo de libro en castelán, guías de viaxe ou un pouquiño de libro en idiomas pero polo que é coñecida libraría Couceiro é polo libro galego e polo antigo e de ocasión”.
Couceiro sempre combinou a venta de libros coas actividades pero o local da praza de Cervantes abriulle as portas a novas ideas “este local nos da opcións de facer moitas mais cousas pero as presentacións, publicacións de libros non venais para agasallo, xa se leva facendo moito tempo pero aquí a maiores comezamos cunha actividade que non sabemos que se faga en ningún outro sitio de Galicia, temos un pequeno obradoiro de encadernación e como tempos libro vello ademais de recuperar os libros que compramos damos a opción de que cando alguén quere facer un agasallo e se decide por libro antigo poida
facer unha encadernación especial, totalmente artesanal que fai do libro unha cousa única, non traballamos para fora, non pode vir calquera a facer iso ou a que lle arranxen un libro pero si damos ese servizo aos compradores”. A libraría foise especializando, para Pablo Couceiro é a táboa de salvación dos pequenos negocios “tódolos comercios teñen que buscar a especialización. estas competindo con un mercado global, con internet calquera pode recibir na súa casa o que queira e o único que nos queda ao comercio pequeno, ou familiar chámalle como queiras, é que vaias creando un coñecemento na xente que te rodea do que podes ofrecer e que veñan aqui porque saben que , por exemplo, si buscan libro galego saiban que ti os podes informar ou si buscan libro antigo e buscan unha peza que veñan para ver si a podes localizar. Isto tanto nas librarías como en calquera outro negocio, o único xeito de competir nun mundo tan globalizado é a especialización “.
En este contexto a situación de Compostela en relación co libro é privilexiada “en Vigo hai unha Casa do Libro, en Coruña un Fnac, en Santiago non entrou ningunha de esas cadeas. Supoño que é porque o mundo do libro en Santiago está moi ben representado, si o comparas por poboación co resto das cidades galegas a cidade ten unha porcentaxe de librarías moi alto, hainas especializadas, xeneralistas, hai unha de 1.000 metros cadrados, esta ten 500, e non hai moitas librarías na Galiza con esas superficies”.
Son 46 anos dedicados ao libro. Conversando con Pablo Couceiro un decátase de que a ilusión e a dedicación son partes fundamentais dun negocio e iso en Couceiro nótase desde que un entra pola porta.