Cando a finais do pasado 2018 o cociñeiro británico Jamie Oliver poñía chourizo nunha paella non sabía en que xardín se metía. O arroz admite todo pero hai liñas vermellas que non se poden pasar, no Tamboril coñecen á perfección o territorio que pisan despois de 13 anos traballando con este produto.
Le Petit Tamboril é a versión para A Galiciana de O Tamboril, un restaurante no que Cristóbal Rey conseguiu un bo número de clientes fieis ao longo dese tempo, el mesmo explícanos como nace o local e o nome
O éxito fixo que moitos amigos preguntásenlle porque non abrían outro local pero nunca quixeron crecer se iso supoñería sacrificar o trato familiar. A Galiciana supuxo unha oportunidade de abrirse ao turismo nun local moderno e máis próximo ás súas ideas
O novo espazo supuxo tamén un reto, ofrecer o mesmo nivel de calidade e servizo nun espazo moito máis reducido
Oíndo a Cristóbal falar dos arroces máis demandados un dáse conta do absurdo da proposta do cociñeiro británico do que falabamos ao comezo
O afeccionado ao arroz quere arroz. Esta obviedade vén a conto porque ao pouco de comezar a traballar os clientes querían levar á mesa as paelleiras, algo imposible por seguridade e que os obrigou a buscar unha alternativa
Pero non se quixeron conformar co arroz. Cristóbal pensaba que un local como A Galiciana tiña que ter marisco e buscaron a fórmula que lles permitise seguir dando o mellor e dunha forma eficiente
O cociñeiro
Hai tantos clientes como arroces e Jesús Vázquez sábeo. É o cociñeiro de Le Petit Tamboril e explícanos que é un produto que gusta a todo o mundo precisamente por esa diversidade
Pero mesmo nesa variedade podemos atopar un nexo común, o produto galego e a cociña de tempada
Jesús Vázquez confírmanos dous dos pratos máis demandados e fálanos un pouco máis das súas características
[ngg src=”galleries” ids=”106″ display=”basic_slideshow” pauseonhover=”0″ arrows=”1″ transition_style=”slide”]
O cociñeiro tivo o seu propio reto nesta aventura, un espazo moi reducido que obriga a ter moi clara a forma de traballar e unha boa carteira de provedores que che fornezan cada día
Non se pode deixar pasar a oportunidade de preguntar onde está o truco, o noso cociñeiro non dúbida: o caldo
Le Petit Tamboril, como todos os locais da Galiciana, é algo único. Non se trata só de ofrecer un bo produto, a experiencia consegue neste local ese sabor imposible de transmitir con palabras. Se sumamos que reunirse ao redor dun arroz é un acto social, unha escusa para compartir e gozar, temos unha razón perfecta para acudir. Pero ademais o arroz pode ser un momento de paz nun longo día. O cliente solitario ten aquí un argumento para achegarse á Galiciana e deixar fora as preocupacións, cando salga seguirán alí pero o sabor no padal tamén e iso xa ninguén llo poderá quitar.