Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ordes

Este luns lánzase en Ordes  a cápsula Marumasat III, dende o IES Maruxa Mallo

ordes lanzamanro sonda marumasat slide 31 maio do 2017 (4)_r

Table of Contents

Toggle
  • Ordes, 6 de maio do 2018 – Este luns, 7 de maio, ás 12 horas no IES Maruxa Mallo, terá lugar o lanzamento da nova cápsula Marumasat III mediante un globo de helio.
    • Poesía Estratosférica

Ordes, 6 de maio do 2018 – Este luns, 7 de maio, ás 12 horas no IES Maruxa Mallo, terá lugar o lanzamento da nova cápsula Marumasat III mediante un globo de helio.

Imaxes do lanzamento da Marumasat I

A misión da Marumasat leva por nome ‘Niño no faro’ e con ela preténdese obter imaxes estratosféricas a máis de 35.000 metros de altura do fenómeno do ocaso da lúa diúrna. Para isto incorporarase unha cámara go pro que irá captando constantemente imaxes no seu ascenso. Nesta ocasión, grazas a un dron, tamén se obterán imaxes aéreas externas tanto do globo como da cápsula. Entre as persoas que teñen confirmada a súa presenza neste día están o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, e as concelleiras Susana García (Educación) e Ana Soneira (Deportes).

A Axencia Espacial Escolar Galega NOSA é a responsable de levar a cabo este novo experimento. Este pasado mércores, 2 de maio, xa tivo un primeiro ensaio no pavillón do instituto ordense. Nel participan tamén os IES  Marco do Camballón e o de Miraflores,  de Vila de Cruces e Oleiros respectivamente. Tamén foi convidado a participar o IES Xelmírez II de Santiago de Compostela, que poñerá a proba a operatividade das novas aplicacións para a obtención de datos científicos que servirán para a mellora das futuras viaxes. Para isto incorporará un teléfono móbil que irá recompilando a información.

Entre os numerosos experimentos científicos destaca o desafío biolóxico de facer que naza un animal na mesma estratosfera e regrese vivo á superficie terrestre. En colaboración co Museo do Mel de Arzúa intentarase eclosionar de forma sincronizada un ovo de abella obreira. Un reto que supuxo a preparación da propia cápsula para manter inalterables, entre outras variables, a temperatura do espazo.

Poesía Estratosférica

O novo deseño da cápsula confeccionada con material reflectante tratará de facela visible dende outros satélites. Esta incluirá, a maiores, os poemas vencedores do I Premio de Poesía Estratosférica, convocado recentemente para o alumnado dos centros participantes. Concretamente será un relato, o gañador, de cada un dos institutos.

Post navigation

Previous: Oroso anticipa a Festa da Troita en Betanzos
Next: XXII Festa da Troita de Oroso

Máis novas

Concello de OrdesDSC_0024 slide-r
2 minutes read
  • Xeral

Reclaman unha nova depuradora para Ordes

centro-saude-ordes-slide-19-agosto-2017_r
4 minutes read
  • Compostela

Reclaman a recuperación do servizo de tarde no centro de saúde de Ordes

UNha das troitas mortas no río Cabró en Ordes
1 minute read
  • Xeral

Troitas mortas no río Cabrón en Ordes

Estrada N-550 ao seu paso por Ordes
4 minutes read
  • Xeral

Ordes e as rotondas motivo de enfrontamento político

Cartel que anuncia o acto de homenaxe a Manuel Viqueira o gaiteiro de Vilaverde
2 minutes read
  • Axenda

O Gaiteiro de Vilaverde terá unha estatua en Ordes

Imaxe das obras de demolición en Ordes
2 minutes read
  • Xeral

Denuncian a inseguridade dunhas obras de demolición do concello de Ordes

O socialista Aitor Bouza levou ao Parlamento a situación do centro de saúde de Ordes
2 minutes read
  • Xeral

Seguen as queixas polas deficiencias en centros de saúde

deputacion plan unico ordes 6 marzo 2026
4 minutes read
  • Ordes

A Deputación reclama máis investimento da Xunta na comarca

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.