Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Lalín
  • Xeral

Nova paralización xudicial dun proxecto eólico en Lalín e o Irixo

adega paralizado proxecto en lalin 7 agosto 2024

Bisbarra, 7 de agosto do 2024 – O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acepta a petición da asociación ecoloxista ADEGA e paraliza cautelarmente o proxecto eólico Valdepereira, promovido por Aerogeneración Galicia S.L. nos concellos de Lalín e O Irixo.

A resolución suspende a autorización do proxecto eólico. En esta mesma zona, e promovido pola mesma empresa, o TSXG xa paralizara hai meses outro parque co nome de Pico Seco.

Valdepereiras estaría conformado por 6 aeroxeradores de 180 metros de altura cunha potencia total de 24 MW, unha subestación, 6 centros de transformación e unha torre meteorolóxica e estaría situado no centro de Galiza, a carón da Serra do Candán. A liña de evacuación do parque eólico, obxecto doutro expediente, estaría compartida con outros parques da mesma empresa promotora.

O Alto Tribunal considera suficientes os indicios achegados pola asociación ecoloxista ADEGA como proba de que se poderían producir danos irreparábeis sobre o medio ambiente, ben preferente, como consecuencia das obras do polígono eólico Valdepereira, de xeito que a única maneira de asegurar a efectividade da sentenza que se derive do recurso contencioso-administrativo presentado por ADEGA contra a autorización do proxecto, será suspendendo a execución do acto administrativo.

Afeccións á avifauna protexida e á Rede Natura

O TSXG sinala a afección severa, irreparábel ou de difícil reparación, que as obras deste parque eólico poderían exercer sobre determinadas especies de avifauna que están en situación de vulnerabilidade (gatafornela ou a tartaraña cicenta) ou “Perigo de Extinción” (millafre real), sobre hábitats protexidos e polas proximidade das infraestruturas industriais á Rede Natura e á súa zona de ampliación.

A Sala lembra que este tribunal xa ten chamado a atención sobre “o carácter unitario e continuo da paisaxe, como sobre a continuidade dos hábitats, e a necesidade de contemplar estas circunstancias en sede cautelar”. No caso presente, dous dos aeroxeradores atoparíanse a un escaso quilómetro da delimitación do espazo natural protexido como Rede Natura.

Prevaleza do interese ambiental sobre o económico

O Auto de paralización cautelar do parque eólico Valdepereira, emitido o pasado 9 de xullo polo TSXG achega unha reflexión sobre a ponderación de intereses en sede cautelar, fundamentada en argumentos esgrimidos polo propio Tribunal Constitucional, que di que en materia de suspensión cautelar a salvagarda do interese ecolóxico merece a condición de interese preferente.

Advirte o TSXG sobre as consecuencias que a execución do parque eólico podería traer para as arcas públicas se este se sentenciase finalmente ilegal: “podería chegar a implicar o deber de demolición (a custa da administración autorizante) e o de indemnización ao promotor que construíu de boa fe amparado en título administrativo”. O suposto de fragmentación artificial dun único macroproxecto eólico conformado polas infraestruturas dos proxectos Pico Seco e Valdepereira, alegado pola asociación ecoloxista ADEGA, non foi valorado polo TSXG en sede cautelar por estar ligado aos fondo do asunto, o cal se terá que dirimir no procedemento do recurso contencioso-administrativo.

Post navigation

Previous: “Feito en Santiago”, unha marca para o comercio de Compostela
Next: Rematadas as mellora da Praza de Abastos de Compostela

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.