Lalín, 15 de febreiro do 2017 – O Concello de Lalín vén de entregar ante a Subdirección Xeral de Fondos Comunitarios, pertencente ao Ministerio de Administracións Públicas, o manual de procedementos da estratexia de desenvolvemento urbanos sostible Lalín Ssuma21.
O tenente de alcalde de Lalín, Nicolás González Casares, explica que se trata dun dos últimos e máis importantes pasos de cara ao previo inicio da execución dos fondos EDUSI. Este documento explica e describe detalladamente, entre outras cuestións, o organigrama de xestión dos fondos, así como o comité de dirección da estratexia, que está presidido polo alcalde e conformado polo tenente de alcalde, a concelleira de Facenda a secretaría xeral e a intervención municipal.
O documento enviado por Lalín recolle tamén a creación da comisión antifraude, neste caso formada polo alcalde, o tenente de alcalde, a concelleira de Facenda, a secretaría xeral, a intervención municipal, o asesor xurídico e a técnica de contratación.
Xunto co envío do manual de procedementos Lalín enviou tamén unha descrición máis detallada que a descrita na propia memoria da estratexia EDUSI, cos criterios polos que se van seleccionar as funcións de cada unhas das liñas de actuación, que lembrou Casares son 15:
[columns]
[column size=”1/3″]Posta en marcha do goberno aberto, Open Data
Proxecto de implantación da administración electrónica
Posta en marcha da identidade dixital cidadá
Desenvolvemento e implantación de ferramentas TIC para o mapeo de deficiencias
Plan Smart City Lalín[/column]
[column size=”1/3″]Lalín cinto verde
Mellora da eficiencia enerxética nas instalacións municipais
Execución de plataformas peoniles e mellora na accesibilidade
Rehabilitación da área patrimonial de Donramiro
Rehabilitación da área patrimonial de Lalín de Arriba[/column]
[column size=”1/3″]Execución de pasarelas verdes de continuidade urbana
Medidas de apoio e innovación comerciais
Plan Concilia Lalín
Plan Talento Lalín
Plan de recuperación social do barrio Manuel Rivero[/column]
[/columns]
Como explicou o tenente de alcalde de Lalín, Nicolás González Casares, este trámite forma parte do “arduo e intenso traballo que se está levando a cabo nos últimos meses e que senta as bases da execución dos fondos EDUSI”. “Agora” -aclara- “o manual e os seus compoñentes serán analizados e, de obter o visto bo da Subdirección Xeral de Fondos Comunitarios xa se poderían iniciar as solicitudes de financiamento para as actuacións a desenvolver”. Finalmente o tenente de alcalde apuntou que os fondos EDUSI tamén precisan dun órgano administrativo interno, de modo que cada concello beneficiado por estas axudas europeas debe por en marcha o denominado organismo intermedio lixeiro que é o encargado de fiscalizar e avaliar inicialmente todas as actuacións que se irán realizando. “No Lalín Ssuma21 posiblemente se precise para este fin apoio e asesoria administrativa”.