Bisbarra, 11 de outubro do 2022 – A Casa do Patrón de Doade, en Lalín, recreou un ano máis o proceso do liño coa colaboración de 22 persoas vestidas á vella usanza.

Tratábase da decimo cuarta edición de este vento que recupera o patrimonio inmaterial do proceso artesán do liño. A recreación serviu ademais para inaugurar unha exposición de prendas elaboradas con esta fibra.

A recreación combinouse cun obradoiro de pintura a cargo de Carlos Santos. Tamén se celebraron ao longo da tarde distintas actividades musicais a cargo das Pandereteiras de Zobra, a Xariza de Parada, as Cantareiras de Os Trasnos de Doade e o grupo de gaitas Os Varacuncas, de Rodeiro.

Por outra banda, o domingo día 09 de outubro, en sesión matinal executouse a actividade etnográfica “obradoiro de rastros, pegadas e sinais no Camiño”, no tramo da Vía da Prata comprendido entre o Pazo de Liñares (Lalín) e a igrexa de Santiago de Taboada (Silleda).
