Bisbarra, 19 de decembro do 2023 – O debuxante Kiko da Silva ven de presentar unha puxa solidaria coa que busca recadar fondos para a investigación da enfermidade de Dent.
Kiko da Silva e un dos debuxantes máis recoñecidos. Gran historietista, ilustrador e cabeza do Garaxe Hermético, onde forma a futuros autores e autoras de banda deseñada. NO verán do 2020 Kiko xa colaborara coa asociación Art for Dent e de aquilo naceu a actividade artística da asociación, da man de Hugo, un dos nenos afectados.
En xullo de 2020 Kiko facía público o seu apoio á investigación da enfermidade de Dent poñendo a camiseta solidaria “Rallo” coa que moitas outras personaxes coñecidas amasaron o seu apoio. Unha campaña que foi posible grazas á colaboración da empresa galega ReiZentolo que fixo e sigue facendo as camisetas e material solidario co que se apoia esta investigación, entre outras iniciativas.
Kiko da Silva implicou ademais a moitos outros nomes do mundo da Ilustración como Miguel Anxo Prado, Amelia Navarro, Luz Beloso, Ricardo Peregrina, MEL, Julio A. Serrano ou Ángel de la Calle, que se animaron a colaborar nesta subasta solidaria.
Tamén colaboran outros ilustradores como David Despau, recoñecido ilustrador internacional que traballou para prestixiosas revistas como Time, The New Yorker, … e recentemente recoñecido como un dos ilustradores internacionais máis influentes da última década.
Ademais, tamén contan coa aportación de Xosé Vizoso, unha persoa que revolucionou a historia gráfica de Galicia sendo, por máis de 40 anos, deseñador e alma de Sargadelos, creador dos carteis máis emblemáticos das festas de Galicia, ilustrador de portadas de Edicións O Castro, muralista, etc.
Desde Art for Dent agradecen enormemente esta iniciativa solidaria e artística para apoiar a investigación desta enfermidade rara renal que necesita moitos fondos para seguir adiante. “Gracias Kiko da Silva pola túa sensibilidade e por conseguir poñer en marcha esta subasta solidaria e grazas a tod@s os que donaron as súas obras para esta subasta solidaria”.
A puxa estará operativa ata o vindeiro 30 de xaneiro de 2024, data na que se celebra en Galicia o Día da Ilustración, coincidindo co día do nacemento de Castelao.