Non é un home dado a estar no escenario pero pódelle a posibilidade de estar detrás coordinando e dirixindo. Kiko Bouzas é ven coñecido da bisbarra polo traballo realizado no IES de Ames como profesor pero tamén por ser a alma de 4 musicais que sorprenderon a todos os que os viron, un traballo que rematou probablemente antes de tempo.
En este Apóstolo, xa rematado, puidemos ver de novo, xa se estreara en Compostela, a obra ¡Peter! ¡Volamos! que dirixiu Kiko Bouzas por petición de Aspas para conmemorar o 50 aniversario do colectivo.
Lindeiros aproveitou o descanso entre dúas funcións para meternos na cabeza de este home e, ainda que non é moito de enrevistas, saber de onde sae a súa paixón. Comezamos preguntándolle polo nacemento de este musical en concreto e pola petición de Aspas
¡Peter! ¡Volamos! serviu para que Kiko volvera a algo que lle gusta mais incluso que organizar as obras, axudar á xente
O último musical que dirixira no instituto implicou de xeito directo a 119 rapaces pero de forma indirecta participaba toda a comunidade educativa. Aínda que en este caso son menos actores segue sendo complexo, o director explica que a clave está nos axudantes cos que conta
Cando se lle pregunta que destacaría do musical resposta sen dudalo: a ilusión que xerou
¡Peter! ¡Volamos! pon a traballar a rapaces con distintas capacidades, é unha mostra de como superar un dos problemas do sistema educativo tal e como explica Kiko Bouzas,
E que se ve no escenario é todo o dito, ilusión, traballo, capacidade, sorpresa, tenrura, é un magnifico resumo dos 50 anos de Aspas e tamén da capacidade de Kiko para ser profesor, conectar cos alumnos, actores en este caso, e tirar o mellor deles.
[ngg_images source=”galleries” container_ids=”89″ sortorder=”1235,1236,1245,1240,1237,1241,1238,1242,1239,1243,1244,1246,1247,1248″ display_type=”photocrati-nextgen_basic_slideshow” gallery_width=”800″ gallery_height=”600″ cycle_effect=”blindX” cycle_interval=”3″ show_thumbnail_link=”0″ thumbnail_link_text=”[Show thumbnails]” order_by=”sortorder” order_direction=”ASC” returns=”included” maximum_entity_count=”500″]

