Compostela, 20 de setembro do 2018 – O contrabaixista Juyma estévez presenta esta noite o seu segundo disco na Casa das Crechas a partir das nove da noite (5€).
Dentro do jazz galego Juyma Estévez é toda unha referencia. Este segundo traballo foi grabado integramente no auditorio do seu pobo natal (Bueu) e leva por título “viento del norte”, consta de 9 temas e será publicado pola discográfica FreeCode Jazz Records. Estévez estará acompañado por David Regueiro á guitarra e Noli Torres á batería.
Juyma comeza seus estudos nos Conservatorios de Pontevedra e Santiago (onde obtén o Título profesional de música) e no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra. Despois marcha para Donostia, onde acada o Título Superior de Música, na especialidade de jazz, en Musikene (Conservatorio Superior de Música do Pais Vasco) e toca con diferentes bandas nalgúns dos clubs, teatros e festivais de jazz máis importantes, como por exemplo, no Heineken Jazzaldia, no Teatro Campos Elíseos Antzokia de Bilbao, ou no Altxerri jazz club… Logo regresa a Galiza onde se establece como músico profesional e docente.
Curtido en mil proxectos que abarcan o jazz, o rock, o blues, o country, o folk ou o mundo clásico graba con numerosas formacións entre as que se encontran David Regueiro Swingtet, Green With Envy, Gold & Colt, Xabi Aburruzaga, ou Lakunza Brothers por exemplo.
