Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Compostela

José Suárez, referente da fotografía galega nos Luns do Ateneo

Unha das fotografías máis coñecidas de José Suarez, fotógrafo ao que se dedica o Luns do Ateneo

Unha das fotografías máis coñecidas de José Suarez, fotógrafo ao que se dedica o Luns do Ateneo

Compostela, 27/04/2026 – O Ateneo de Santiago celebrará hoxe, ás 19.30 horas, un novo Luns do Ateneo na rúa do Vilar, 19. A actividade servirá para conmemorar o Día das Artes Galegas cunha conferencia titulada «Vida e obra fotográfica de José Suárez».

A charla do Ateneo será impartida por Xosé Luís Suárez Canal, profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Porá o foco na figura de José Suárez, un dos nomes máis destacados da fotografía galega, abordando tanto a súa traxectoria vital como a relevancia da súa produción artística.

A sesión permitirá achegarse ao contexto no que desenvolveu o seu traballo e á importancia do seu legado dentro da historia da imaxe en Galicia, nunha proposta que combina divulgación e análise arredor da cultura visual galega.

O relator convidado esta semanano Ateneo, Xosé Luís Suárez Canal (Allariz, 1946), conta cunha ampla traxectoria no ámbito académico e cultural. Licenciado en Filosofía e Letras e en Filoloxía Francesa, foi catedrático de ensino secundario e é profesor asociado na USC.

Xunto a Manuel Sendón, impulsou o Centro de Estudos Fotográficos de Vigo e iniciativas como a Fotobienal de Vigo ou Vigovisións, ademais de comisariar numerosas exposicións e publicar monografías sobre fotógrafos históricos galegos. Como fotógrafo, participou en mostras colectivas en distintas cidades europeas e desenvolveu tamén unha destacada obra propia.

Post navigation

Previous: O Museo do Pobo Galego celebrou os 50 anos do seu Padroado
Next: Brión reclama melloras no servizos de autobús

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.