займ срочно

Jorge Gago e o equipo de A Maceta fanse co premio do xurado profesional do concurso De Tapas por Galicia

0

Compostela, 16 de marzo do 2022 – O Hotel Monumento San Francisco acolleu a Gala Show Cooking para elixir ao mellor cociñeiro De Tapas por Galicia.

O evento organizado por Turismo de Galicia chegaba á sexta edición. En De Tapas por Galicia competían, despois do parón pandémico, os gañadores dos concursos das sete grandes cidades galegas.

Jorge Gago, que non puído estar na gala por un problema persoal,  estivo representado polo seu equipo de A Maceta alzándose co primeiro premio do xurado profesional.

Rubén González Vallejo, de El Cafetín de la Alameda de Pontevedra, conseguiu o primeiro premio do público presente. Álvaro Victoriano, de Intenso Cocina Peculiar de A Coruña, foi o segundo clasificado na votación do público e o equipo Jorge Gago acadou en este caso o terceiro premio do xurado popular.

Sete cidades, sete tapas

Rubén González, de El Cafetín de la Alameda (Pontevedra); Mare Nostrum

Os cociñeiros tiñas cinco minutos para preparar en directo as tapas que probaría o xurado profesional. Despois disporían de outros sete minutos e medio para que foran entregadas nas mesas outras cen tapas aos presentes.

A xornalista María Solar foi a encargada de conducir o acto, ao que asistiron a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; e o delegado da Xunta na provincia da Coruña, Gonzalo Trenor.

Daniel Bastos, do restaurante El Italiano Feo (Vigo); Maremoto

No evento competían Daniel Bastos, do restaurante El Italiano Feo (Vigo); Gabi Conde‐Corbal, de Portovello (Ourense); José Luis Pardo Baamonde de El Boni (Lugo); Pablo Fuentes, de La Bodega de Estrella (Ferrol); Rubén González, de El Cafetín de la Alameda (Pontevedra); e Álvaro Victoriano, de Intenso Cocina Peculiar (A Coruña) e Jorge Gago, do restaurante A Maceta (Santiago).

Gabi Conde‐Corbal, de Portovello (Ourense); Magosto

Nava Castro pronunciou unha palabras ao remate do evento nas que dixo que “Podemos presumir de grandes chef e grandes produtos. Temos estrelas Michelin, Soles Repsol e, sobre todo, xente que sabe combinar a cociña tradicional e a innovación. Síntome orgullosa cando vou fóra de Galicia de presentar as propostas destes grandes profesionais que viven as 24 horas mimando a nosa gastronomía”,

José Luis Pardo Baamonde de El Boni (Lugo); O segredo de Maruxaina

Xurado profesional

O premio acadado por Jorge Gago foi decidido por un xurado profesional composto por Cesáreo González Pardal, presidente do Clúster de Turismo de Galicia; Áxel Smyth, chef do restaurante Auga e Sal, en Santiago de Compostela, recentemente distinguido cunha Estrela Michelin; Paco Gómez, xefe de cociña do restaurante A Feira, en

Pablo Fuentes, de La Bodega de Estrella (Ferrol); ostras! A vieira

Ourense, elixido polo xurado profesional como Mellor Cociñeiro De Tapas por Galicia na gala celebrada no ano 2019; Alejandro Méndez, xefe de cociña do restaurante‐arrozaría Os Cachivaches, de Lugo, elixido polo xurado popular como Mellor Cociñeiro na mesma edición; e

Álvaro Victoriano, de Intenso Cocina Peculiar (A Coruña). Porro assdo, requeixo, mel e amendoas tostadas

Ana Prieto, especialista en fotografía gastronómica e responsable, xunto a Marco Soriano de Tejada, do blog La Cocina es Vida, mellor blog desta temática en 2019 segundo Canal Cocina.

Jorge Gago, de A Maceta (Compostela) Cheesecake actualizada

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies