Compostela, 2 de maio do 2019 – Ás 19:00 h de hoxe, na Fundación Eugenio Granell, terá lugar unha nova edición da actividade A Miña Peza Favorita, a cargo de Jimena Martín Albo, licenciada en Deseño Gráfico pola Universidade mexicana de Monterrey e cunha mestría en Artes Visuais pola Universidade Autónoma de Nuevo León, México.
Jimena Martín obtivo ademais o doutoramento en Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela. Por outra parte, impartiu clases de forma profesional na Facultade de Artes Visuais da UANL, Universidade Autónoma de Nuevo León, México.
As súas líñas de investigación son a iconografía na pintura novohispana e a arte mexicana en xeral. Realizou ponencias no Museo Nacional de Antropoloxía en México D.F. e en varios espazos da Universidade Autónoma de Nuevo León; ademais de percorridos especializados no Museo de Arte Contemporánea de Monterrey e en diversas publicacións.
Jimena propón unha reflexión sobre a obra de Eugenio Granell El atlas de la Plaza del Toral, un óleo sobre lenzo realizado no 1988 inspirado na figura ubicada sobre o blasón do Pazo de Bendaña que acolle a Granell.
A Miña Peza Favorita é unha actividade que se inicia no 1997 e que consiste en seleccionar unha ou varias pezas de entre as que conforman as Coleccións da Fundación Eugenio Granell para que o/a invitado/a elabore un comentario persoal. Tratase dunha proposta aberta a cualquera persoa interesada tanto na Fundación, como na arte ou na figura de Eugenio Granell e as súas coleccións, contando tamén coa participación de figuras de diferentes ámbitos profesionais.