Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Dodro
  • Xeral

Inés Mosquera recibe o XXXVIII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

Inés Mosquera recibiu o XXXVIII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón dicindo que era “Moi feliz de formar parte de ese grupo de autores e autoras”

ENTREGA `REMIO EUSEBIO LORENZO BALEIRON 15 DECEMBRO 2025

Nun salón de actos ateigado de público, o concello de Dodro entregou os dous galardóns de poesía que organiza; o Minipremio para primaria e ESO e o XXXVIII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón a Inés Mosquera.

O acto estivo conducido pola coordinadora do premio, Silvia Pena. E contou coa presencia do alcalde do concello, Xabier Castro, e o concelleiro de Cultura, Ramón Abuín.

No Minipremio concurso literario “das viaxes e dos soños” recibiron os galardóns Sara Cascallar Novoa, na categoría de educación primaria,  polo relato “Máis alá das estrelas”. O xurado destacou a “mensaxe inspiradora que convida ao cambio para o benestar social”.

No apartado de ESO a gañadora foi XulIa Otero Blanco polo vídeo poema “Efémera” da que se destaca “o debuxo dun tempo fráxil e un futuro incerto, o valor de esa emoción e a forza visual da mensaxe”.

O XXXVIII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón foi entregado á obra “Upupú” que fora presentada baixo o lema “A ditadura da bubela” por Inés Mosquera. O xurado destacou que a obra fora construída “ cun poema e o corpo dun animal, unha poética concibida desde a linguaxe do animal, coa súa mesma axilidade e instinto”.

A autora dixo ao recibir o galardón que “Son moi feliz e moi agradecida de estar aquí hoxe e de formar parte de ese grupo de autores e autoras que participan desa lembranza colectiva  da figura de Eusebio Lorenzo Baleirón e quero agradecer o traballo de todos os que fan posible que siga convocándose ano a ano”.

Mosquera tamén relatou que unha das felicitacións que recibiu foi dun profesor seu na universidade e que compartiu piso con Eusebio Lorenzo Baleirón; “relatoume que a primeira vez que soubo dunha bubela (protagonista do poema gañador) foi a través de Eusebio e díxome non podes imaxinar o vivo que era e a chispa que tiña,  coido que estamos aquí hoxe mantendo un pouco de esa chispa”.

Xabier Castro, alcalde de Dodro, dixo “que resulte premiada unha padronesa, estando aquí o seu alcalde presente, énchenos de orgullo a todos. A relación Dodro Padrón, Padrón Dodro, de sempre foi moi querida por todos e esperamos seguila mantendo. Na edición trinta e nove, se non pasa nada, estarei eu pero non sabemos quén estará na corenta pero sempre esperamos e agardamos todos que teña a dignidade de levar adiante un acto coma este y mantelo no que se merece o concello de Dodro”.

O acto contou coa música de Minguante e coa proxección dun vídeo do proceso de desenrolo do premio, desde que se convoca, ata que se chama á gañadora e se fai unha ofrenda floral ante a tumba de Eusebio Lorenzo Baleirón.

Completouse a xornada cun recital de poesía a cargo dos membros do xurado Noelia Gómez e Miguel Cavadas (gañador da pasada edición)  acompañados pola escritora Alba Mourillós.

Post navigation

Previous: Noia presenta o programa “É Nadal en Noia”
Next: O sector da discapacidade na ensinanza protestará o día 18

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.