займ срочно

Incendio en Aldea Nova que pon de manifesto as reclamacións dos axentes medioambientáis

0

Ames, 15 de agosto do 2017 – Un novo incendio nas proximidades da urbanización Aldea Nova en Ames puxo de manifesto o perigo das queimas sen control e as reclamacións dos axentes medioambientáis

O lume comezaba sobre as catro e media da tarde. Fontes consultadas por Lindeiros apuntan a que unha veciña que estaba facendo unha queima perdeu o control e o lume expandiuse.

foto @cig.Axentes.Gz

foto @cig.Axentes.Gz

Un segundo foco comezou na zona de Quistiláns cando o lume conseguía pasar a estrada comarcal. Durante toda a tarde traballaron 3 Helicópteros, 2 hidroavións, o Grupo de Protección Civil de Brión, policía local de Ames e brigadas antiincendios da Xunta de Galicia coordinador polo Axente de Medioambente conseguindo controlalo cerca da noite.

O lume de onte puxo tamén de manifesto que as prohibicións de queimas non chegan e que precisamos dunha concienciación maior da sociedade. Ao mesmo tempo, como nos contaban membros de protección civil, o lume puido ser incluso maior pola gran cantidade de masa arbórea e concretamente de eucaliptos.

Críticas a situación dos axentes medioambientáis

O lume puxo de novo de manifesto as reclamacións dos axentes medioambientáis que en Twitter se lamentaban da perigosidade do lume e que fora dirixido por un axente medioambiental cun nivel 14.

Representantes dos axentes medioambientáis declaraban a Lindeiros que levan máis de dez anos cun acordo de traballo caducado. Os turnos son de 12 horas e teñen un nivel 14 moi inferior a outros corpos similares.

Hai que destacar que os axentes medioambientáis son os encargados de dirixir a extinción dos lumes o que supón unha gran responsabilidade. A miúdo son confundidos cos axentes das brigadas cando non teñen nada que ver con eles xa que estas, as brigadas, xunto con protección civil, policías ou outros corpos que interveñan nun incendio, atenden as directrices que o axente medioambiental encargado da extinción marca.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies