Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Dodro
  • Padrón
  • Rois
  • Xeral

A andaina inaugural da ruta Rosalía nos Camiños reuniu a 150 camiñantes

O novo roteiro Rosalía nos Camiños foi inaugurada por 150 persoas que desfrutaron do percorrido polos concellos de Rois, Dodro e Padrón.
ruta-senderismo-rosaliana-slide-23-maio-2022-(2)_r

Bisbarra, 23 de maio do 2022 – O novo roteiro Rosalía nos Camiños foi inaugurada por 150 persoas que desfrutaron do percorrido polos concellos de Rois, Dodro e Padrón.

A recadación da inscrición en este primeiro paso por Rosalía nos Camiños doarase a Asociación Amipa para colaborar coa integración das persoas con discapacidade intelectual da comarca do Sar.

Son 15 quilómetros desta senda amiga inspirada na obra ‘En las orillas del Sar’ que pasa por algúns dos lugares máis significativos na vida e obra da escritora. Na saída déronse cita o alcalde de Rois, Ramón Tojo; a concelleira de Deportes de Padrón, Lorena Couso; e os de Rois (Martín del Río) e Dodro (Abel Tarrío); o responsable de Cultura dodrense, Xoán Xosé Vicente, e o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira.

Tras saír do paseo do Espolón e deixar atrás a estatua de Rosalía, esta primeira andaina pasou ao carón do pazo de Hermida, onde viviu Rosalía varios anos e onde escribíu algunhas das súas obras. A fonte de Santa María, tamén en Dodro; o Santiaguiño do Monte e A Trabanca foron os seguintes puntos visitados.

Na zona de Fondóns, onde se inspiraba Rosalía e onde se colocou unha placa o ano pasado para poñer en marcha o proxecto desta ruta, as persoas participantes na andaina puideron gozar de excelentes paisaxes a carón do río Sar. Despois descubriron as pasarelas de madeira que colocaron os Concellos de Rois e Padrón para salvar diferentes regatos, antes de chegar ata a igrexa de Iria e o cemiterio de Adina, onde Rosalía estivo soterrada varios anos ata que os seus restos foron trasladados ao Panteón de Galegos Ilustres en Santiago.

O barrio da Matanza, onde está a Casa Museo de Rosalía de Castro, e a rúa Juan Rodríguez (onde se atopa a casa na que viviu a escritora de nena) foron os últimos puntos polos que pasaron os camiñantes antes de rematar esta senda amiga inspirada na obra ‘En las orillas del Sar’.

A ruta Rosalía nos camiños foi promovida polos concellos de Dodro, Padrón e Rois en colaboración coa Fundación Rosalía de Castro.

Post navigation

Previous: Reclaman a titularidade pública para a Illa da Creba
Next: O Banquete de Conxo trasládase ao vindeiro domingo

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.